Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Breve crónica da viaxe a País Vasco no marco do programa Relevo2020

Visita a Mater Museoa

 

O GALP Ría de Arousa, xunto co resto de GALP promotores do proxecto Relevo2020, realizaron, entre os días 28 e 30 de setembro, unha viaxe ao País Vasco, coa finalidade de coñecer o funcionamento e entidades do seu sector pesqueiro desta comunidade. Durante a primeira xornada desenvolveuse unha mesa redonda sobre o relevo xeracional no sector do mar en Euskadi e, posteriormente, tivo lugar unha visita guiada á nova lonxa de Ondarroa, organizada persoas responsables da Cofradía Santa Clara de Ondarroa.

Sala de subastas lonxa Ondarroa

Lonxa de Ondarroa

Na segunda xornada da viaxe continuouse coa visita a entidades e proxectos de grande interese. O inicio foi na Elkano 500 Fundazioa, que conmemora os 500 anos da primeira circunnavegación ao mundo realizada por Juan Sebastián Elcano. Posteriormente, as persoas participantes de cada GALP coñeceron de primeira man os proxectos "Sopak, Primicia del Mar", "Manuelak II" e a escola de redeiras da Cofradía Elkano de Getaria. Pola tarde, a xornada concluíu coa visita á iniciativa BluePoint Getaria.

Visita Elkano 500 Fundazioa

Visita á Elkano 500 Fundazioa

A axenda da terceira e última xornada foi moi apretada e completa, ademais de interesante. Moi cedo, sobre as 5:50 h da mañá, realizouse unha visita á lonxa de Pasaia, para despois achegarse ao Mater Museoa. Tras un curto paseo, a delegación galega descubriu o traballo de carpintería de ribeira da Albaola Itsas Kultur Faktoria. A xornada continuou a bordo do Barco Isturiz I e unha breve visita ao porto de Donostia, para posteriomente coñecer o proxecto Kofradia - Itsas Etxea.

carpinteria de ribeira da Albaola Itsas Kultur Faktoria

Carpintería de ribeira da Albaola Itsas Kultur Faktoria

O proxecto de colaboración Relevo2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP): GALP A Mariña-Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia: Costa Sostible e GALP Ría de Arousa.