
Cata&Rose é un compendio de historia, sustentabilidade e inclusividade, que ten por obxectivo xeral a revitalización da economía do Grove, transformando unha antiga casa Indiana nun hotel-boutique de alta calidade, que realce a cultura e a tradición local moi centrada no mar, favorecendo a posta en valor do sector, desde un claro enfoque de “Blue economy” en base as actividades a ofrecer e a gastronomía.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivos específicos:
• Valorizar o patrimonio material e inmaterial ligado ao entorno rural do Grove.
• Reforzar a cadea de valor dentro do sector primario cun enfoque de “Blue economy”. Isto significa que dende Cata&Rose se empregarán, sempre que sexa posible, recursos renovables, preservaranse os ecosistemas mariños, reducirase a contaminación e contribuirá ao aumento da resiliencia ante o eminente cambio climático.
• Por en valor o produto local e de quilómetro cero, cun maior enfoque aos recursos procedentes do mar.
• Captar novos públicos cun enfoque familiar, creativo e inclusivo.
• Ofrecer alternativas de emprego no sector terciario para o persoal procedente do sector primario (formación e capacitación).
• Difundir a Ruta marítimo-fluvial do Mar de Arousa e Río Ulla ao seu paso polo concello do Grove
• Establecer alianzas estratéxicas con negocios locais
• En todas as accións e actividades aplicarase un enfoque transversal baseado na sustentabilidade.
Algún dos principais resultados esperados do proxecto Cata&Rose son:
• Aumentar as iniciativas que supoñan a valorización dos produtos do mar e oferta hosteleira
• Revitalización da economía local
• Realzar o sector marítimo-pesqueiro e as tradicións locais
• Contratación de mulleres e persoas novas, así como sempre que sexa posible, persoas relacionadas co sector da pesca
• Desenvolvemento de experiencias turísticas enriquecedoras a través de obradoiros artesanais, relacionados con produtos do mar e outras actividades afíns, o proxecto ofrecerá experiencias únicas para os visitantes, enriquecendo a oferta turística e aumentando as colaboracións entre entidades locais
• Fomento da gastronomía e do produto local, ofrecendo experiencias gastronómicas auténticas e completas
• Integración de Prácticas Sostibles xa que se empregaran materiais reutilizados na medida do posible e adoptando un enfoque de economía circular, respectando así o medio ambiente
• Promoción da cultura e arte local a través de exposicións de arte local e actividades organizadas por asociacións locais, colectivos...
As actividades previstas no proxecto son moi diversas e enriquecedoras. Mais alá dun servizo de aloxamento turístico inclusivo e de calidade, abarcaranse dende obradoiros relacionados co territorio e co sector pesqueiro ata exposicións itinerantes ou obradoiros sobre a ensinanza de técnicas de recolección de produtos do mar, de elaboración de produtos artesanais locais, etc. Estas experiencias no só serán u atractivo para os visitantes, senón que tamén unha oportunidade económica para os provedores locais, xa que, se integrarán nestas experiencias no hotel, onde os produtos recollidos polos expertos nas dinámicas serán ofrecidos aos propios convidados, para que mediante a colaboración con restaurantes locais poidan consumilos, favorecendo así ao produtor/recolledor con ventas mais directas e tamén aos negocios locais ao envialos cara estes. Neste caso o hotel faría un exercicio de intermediario ao unir estas dúas fontes de ingresos locais, nun paquete de actividade ofrecido polo hotel.
Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio a diversificación dentro e fora do sector da pesca comercial, o aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas
Promover a diversificación do sector a través de novas actividades ou aproveitamento de recursos a través da economía circular
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

