Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Comeza a segunda fase do Estudo sobre á situación profesional das mulleres do mar da Ría de Arousa

 

Os días 1 e 8 de outubro terán lugar dúas reunións con mulleres que desenvolven o seu traballo en relación ao mar.

Estas xuntanzas pretenden crear un espazo común onde reunir a un grupo de mulleres de diversos perfís profesionais. O obxectivo destas reunións é o de contrastar a información obtida a través das distintas fontes empregadas ata o momento, así como afondar nesta información mediante a posta en común da experiencia profesional das mulleres.

Compartindo a vivencia propia como traballadoras no mar identificaranse as potencialidades e os retos do sector dende a súa perspectiva, fomentando as redes interprofesionais entre as mulleres dos distintos territorios da Ría de Arousa.

Estas dúas xuntanzas son abertas a mulleres profesionais do sector pesqueiro na Ría de Arousa, polo que, se estás interesada en asistir, podes poñerte en contacto co persoal técnico no teléfono 699614737, ou no enderezo electrónico ana.gonzalez@cidadania.coop