Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Conclúe a 2ª fase do Estudo sobre a situación profesional das mulleres do mar de Arousa

 

O día 22 de outubro tivo lugar a terceira reunión de mulleres do mar, co obxectivo de propoñer accións a futuro para continuar avanzando na igualdade de xénero no sector.

As accións propostas xiraron entorno a conseguir que as mulleres se presenten a postos de representación e liderado, así como continuar achegando os espazos de participación a mais mulleres, e reforzar as relacións de cooperación e recoñecemento entre as propias mulleres.

Nas tres xuntanzas mantidas ao longo dos últimos meses puxéronse en común cuestións relevantes dende a perspectiva das mulleres, desenvolvendo profesións relacionadas coa produción e a transformación de produtos de mar

A presentación pública do Estudo sobre a situación profesional das mulleres do mar da Ría de Arousa terá lugar o día 21 de novembro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa, ás 18.30h.