Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Curso para traballar como Guía de Turismo Mariñeiro no Parque Nacional das Illas Atlánticas

 

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no curso formativo que se celebrará no GALP 5.  Con esta formación os participantes obterán a ACREDITACIÓN como Guías de Turismo Mariñeiro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia , que lles habititará para poder exercer esta actividade dentro das augas do Parque Nacional.  A través destas accións formativas preténdese capacitar aos participantes para exercer a actividade de turismo mariñeiro, de xeito que sexan quen de manexar as ferramentas interpretativas precisas que axuden a divulgar con rigor os valores do Parque Nacional, do patrimonio marítimo pesqueiro e da cultura mariñeira.

Lembrade que soamente hai 20 prazas e que se atenderá aos demandantes por estrita orde de inscrición.

INSCRICIÓNS CURSO: Iniciación ao Turismo mariñeiro no entorno do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.


Curso GALP Ría de Arousa: 12 ao 15 xuño (15 xornada práctica, visita Illa de Sálvora ou Cortegada).

https://goo.gl/QBTsyM

Se o preferides podedes cumprimentar o documento pdf que presentamos a continuación e envialo a info@mardasillas.com

http://mardasillas.com/wp-content/uploads/2017/12/ficha_inscricion_CURSO_GALP_RIADEAROUSA.pdf