
A incorporación da plataforma Xesmar en diferentes confraría do ámbito do GALP permitiu avanzar cara unha transformación dixital do sector e mellorar na xestión, planificación dos traballos e explotación máis sustentable dos recursos na súas propias autorizacións. Durante o ano existen meses onde a explotación dos recursos realízase de forma conxunta (múltiples confrarías) sendo xestionada pola Asociación de Rañeir@s. Neses meses permítese traballar nas zonas denominadas de “libre Marisqueo” e todas as embarcacións das confrarías da Ría de Arousa.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Mellorar a xestión e explotación sustentable dos recursos a través do rexistro dixitalizado das capturas nos puntos de control no escenario de múltiples confrarías.
Preténdese acadar os seguintes resultados:
- Fomentar a transformación dixital do sector.
- Incentivar a cooperación e cohesión.
- Mellorar a explotacións sustentable dos recursos.
- Aumentar o control e vixilancia de cara a reducir o furtivismo.
- Mellorar o impacto ambiental.
O proxecto conste en adaptar o módulo de control de extracción existente na plataforma Xesmar para poder dixitalizar as capturas (peso e especie) nos punto de control a un entorno MULTI-CONFRARÍA.
Este novo escenario permitirá que as confrarías que desfrutan de Xesmar poidan ampliar as súas vantaxes o beneficiarse de visualizar os datos de capturas das súas embarcacións con independencia da época do ano. Poderán ver os controis efectuados nas súas propias autorizacións ou nas zonas de “Libre Marisqueo” de forma totalmente transparente.
O mesmo tempo os mariñeiros das citadas confrarías tamén poderán dispoñer dos datos do control no seu telefono móbil con independencia de onde estean traballando, eliminando a necesidade do xustificante en papel e reducindo así o impacto medioambiental.
Este proxecto executarase no ámbito da Ría de Arousa, afectando as embarcacións de todas as súas confrarías.
Reforzo das comunidades no desenvolvemento local e da gobernanza d, dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.
Iniciativas que reforcen o empoderamento do sector pesqueiro e colectivos sociais implicados no desenvolvemento da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

