Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Educando para o futuro en Vilanova

 

Alumnado de sexto de Primaria do colexio Xulio Camba de Vilanova de Arousa recibiron onte unha das charlas do programa de educación ambiental “Un futuro sostible para a nosa ría”. Esta iniciativa do GALP Ría de Arousa vense desenvolvendo en distintos concellos da comarca para posibilitar o achegamento da comunidade escolar a problemáticas como o cambio climático, a conservación do litoral, a biodiversidade, os espazos naturais, etc.


O proxecto contempla unha charla na aula e unha saída para visitar unha zona do litoral do concello, pero nesta ocasión o mal tempo só permitiu celebrar a primera parte da sesión na escola. O concelleiro de Promoción Económica, Javier Tourís, achegouse para coñecer esta actividade e faloulle ao alumnado da inecesidade de actuar con responsabilidad no medio ambiente. “Entre todos temos que coidar o noso entorno porque este é o voso futuro e o do vosos fillos e netos”, manifestou.