Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

En Portonovo tamén se presentou o proxecto Mar das Illas

 

O venres 20 de abril presentouse en Portonovo o proxecto Mar das Illas, unha iniciativa na que colaboran os GALP de Vigo, Pontevedra e Ría de Arousa, que ten como obxectivo promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo entre as/os profesionais do mar e as súas familias dentro do territorio das Rías Baixas de Galicia. A xornada estaba especialmente orientada á promoción do ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas a través da formación das persoas participantes como guías do Parque Nacional de forma que se lles ensine a amosar aos visitantes o patrimonio natural do Parque.