
O proxecto vai a consistir na posta en marcha dunha empresa adicada ao procesamento, transformación e comercialización de produtos
conxelados procedentes da pesca e acuicultura artesanal galega, principalmente da Ría de Arousa, destacando de xeito capital os seguintes aspectos do proxecto, como son a sustentabilidade do produto comercializado, sustentabilidade enerxética e produtiva e sustentabilidade no envasado do produto.
En definitiva, Frigoríficos Mar da Pobra presenta un proxecto que empregará produtos procedente da pesca artesanal, co valor engadido que isto supón, realizará procesos de transformación 100% naturais sen emprego de conservantes, glaseos ou outros aditivos, basearase en fontes de enerxía renovable, xa que se empregará enerxía fotovoltaica e implantará, como un dos pilares fundamentais do proxecto, o concepto “libre de plástico” en toda a cadea de valor.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Posta en marcha dun proxecto de valorización das materias primas do mar procedentes da pesca artesanal galega, mediante a transformación en produtos ultraconxelados, nun marco de desenvolvemento industrial sustentable e de economía circular.
- Posta en marcha dun proxecto empresarial adicado á comercialización de produtos conxelados procedentes da pesca artesanal, 100% naturais e cuxa produción ten un baixo impacto medioambiental. - Adquisición das materias primas nas lonxas de Ribeira, Rianxo e Cambados, favorecendo a dinamización do sector pesqueiro local. - Creación de 5 postos de traballo, 3 a xornada completa e 2 a media xornada, incluíndo ao promotor do proxecto, menor de 40 anos e con vínculo directo ao sector do mar. Ditos postos serán desenvolvidos por persoas desempregadas da comarca do Barbanza. - Instalación dun sistema de enerxía solar e proceso produtivo xerador de 0% plásticos. |
Para desenvolver o obxecto da empresa Frigoríficos Mar da Pobra S.L., a empresa conta cunha parcela arrendada no Polígono Industrial de Rianxo (Concello de Rianxo) de 1.125 m2, onde realizará o investimento necesario co fin de dispoñer das instalacións necesarias para poder realizar o proceso produtivo, as cales estarán compostas de:
- Nave de 586,48 m2 construídos nunha única planta: albergará cámaras de frío e refrixeración, túnel de conxelación, zona de procesado, zona de envasado e expedición, almacén, oficinas e vestiarios.
- Instalación fotovoltaica na cuberta da nave.
- Zona de acceso para vehículos de transporte e zona de carga/descarga (camións, furgonetas, etc.)
- Zona de aparcamento.
- OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños
Obxectivo específico 1.1: Conseguir a cooperación entre entidades do sector para mellorar a valorización dos recursos pesqueiros a través da promoción comercial e a aposta pola súa calidade diferencial.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)