
Mar Diverso é un festival de artes escénicas e plásticas inclusivo que pon en valor o patrimonio mariñeiro a través de accións artísticas de persoas con diversidade funcional dentro da contorna costeira da Ría de Arousa, vinculando así creación + inclusión + territorio. Mar Diverso pretende vincular a dous esquecidos na nosa comunidade: a cultura tradicional mariñeira e persoas en risco de exclusión a través da arte que lle infire un valor positivo, e a utilización do territorio como escenario performativo e expositivo. A participación de toda a cidadanía é algo fundamental nesta proposta, vinculando tanto a persoas con diversidade como sen diversidade, facilitando así unha inclusión real e efectiva. As propostas artísticas estarán vinculadas ó patrimonio material e inmaterial da Ría de Arousa, tanto na creación como na exhibición que terá lugar nos diferentes espazos patrimoniais da comunidade. A planificación do proxecto comezará a finais deste ano, e o proceso creativo dará comezo en febreiro. O festival terá lugar a principios de xullo cunha duración dunha semana
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Poñer en valor o patrimonio e a cultura tradicional mariñeira de maneira inclusiva a través da creación artística de persoas con diversidade funcional
R1. A poboación incrementa o seu coñecemento da cultura tradicional mariñeira e o patrimonio do territorio.
R2. A poboación incrementa a súa valoración positiva da contribución das persoas con diversidade á comunidade.
R3. A poboación reduce os estereotipos sobre as capacidades das persoas con diversidade funcional.
Accións artísticas principais Mar Diverso organizarase arredor de 3 tipos de accións:
Acción artística de grande formato: Creación dunha acción de artes escénicas de grande formato na cal se traballará con un/ha artista principal. Esta artista traballará durante os meses de febreiro a xuño con un grupo de persoas con diversidade funcional para poder levar a cabo unha acción de grande formato durante o festival. Poderán participar outros artistas profesionais tamén na peza en colaboración co/a artista principal con e sen diversidade funcional.
Accións artísticas de pequeno formato: Traballarase con un/ha artista para que cree 4 accións de pequeno formato con un grupo de persoas con diversidade funcional. Levaranse a cabo en 12 sesións de traballo entre os meses de abril a xuño.
Instalacións artísticas: Traballarase con 5 artistas para que compoñan 5 instalacións en 5 espazos patrimoniais dos concellos de Ría de Arousa. Cada artista, terá 5 sesións de traballo con persoas con diversidade para crear unha instalación en colaboración.
Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático
4.1. Preservar e poñer en valor o patrimonio costeiro, para preservar a identidade da zona costeira co mundo mariñeiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)