
O proxecto consiste na rehabilitación dunha casa tradicional mariñeira de Vilanova de Arousa, situada na zoa céntrica do casco antigo (frente o Pazo do Cuadrante), que forma parte de patrimonio protexido, agora está a piques de derrubo.
A historia da casa está íntimamente vencellada ao desenvolvemento mariñeiro do pobo. Os antepasados fundaron o Pósito de Pescadores. Tamén tiveron unha Fabrica de Salazón e un galeón para a pesca relacionada con esta industria, chamado “María Mercedes”.
O futuro desta vivenda, será transformala en 4 apartamentos turísticos decorados con ambientación mariñeira, reciclando móbeis antigos.
Este proxecto ten concedida unha axuda do50% para a anualidade 2021 e 3.422806% anualidade 2022 debido a límite orzamentario.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Un dos principais obxectivos do proxecto é crear unhas instalacións cómodas e atractivas que permitan atraer clientes durante todo ano buscando a desestacionalización turística centrada nesta comarca no período estival. Presentar unha casa historicamente vinculada a Ría e o seu desenvolvemento pesqueiro nun barrio e nun pobo mariñeiro decorada cun estilo atlántico, na gama de colores e no mobiliario reciclado e mariñeiro.
Asociación, colaboración e sinerxias de empresas e asociacións culturais clave na zona que estean relacionadas a Ría.
Divulgar, promover e micropatrocinar actividades relacionadas co mar, a navegación tradicional e actual, a pesca e a súa industria conserveira da Ría de Arousa.
Xerar emprego e novas vías de negocio
O proxecto permitirá acadar os seguintes resultados:
- Ampliar os servizos turísticos ofertados no territorio da Ría de Arousa diversificando as actividades económicas da zona.
- Complementar os ingresos dos promotores.
- Xerar sinerxías con outras empresas de o territorio como servizos de ocio para turistas, pesca artesanal sostible, posta en valor dos recursos pesqueiros da zona.
- Colaboración con axentes territoriais como provedores locais, asociacións sen ánimo de lucro ou confrarías de pescadores.
- Incremento dos investimentos no territorio.
- Desestacionalización das actividades existentes no territorio.
As actividades que se propoñen son o fomento e a divulgación das actividades mariñeiras da zona colaborando con asociacións tales como Mexillón de Vilanova, Asociación Dorna Ila de Arousa.
Empresas conserveiras buscando viabilidade de posible visita ilustrativa e instrutiva para dar a coñecer a importancia de como se elabora un produto tan arraigado na ría de Arousa. Tamén con empresas de guías turísticas locais, como Servitur (Victor Abal Barreiro) e Pateando Galicia (Nuria Bua).
Os apartamentos van ter convenios con outras empresas da zona do sector turístico, promocionando deste xeito excursións marítimas visitas a museos etnográficos, visitas guiadas á lonxas e conserveiras, obradoiros de produtos artesanais relacionados co sector pesqueiro (Adxunto cartas de colaboración).
Intención de colaborar co Concello de Vilanova e buscar sinerxías para desenvolvemento actividades relacionadas.
A realización deste proxecto vai ofertar os seguintes servizos de forma propia e realizando convenios con outras empresas do sector turístico da zona e coas confrarías de pescadores:
- Hospedaxe en hotel mariñeiro.
- Excursións marítimas.
- Excursións a museos etnográficos.
- Visitas guiadas a lonxas e conserveiras.
- Excursións a entidades, empresas de actividades marítimo - pesqueiras.
- Micropatrocionios para potenciar actividades
2.Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego
Incrementar a diversificación do sector pesqueiro cara ás actividades turísticas, traballando nunha estratexia integrada na zona costeira e facendo fincapé no turismo mariñeiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)