
Implantarase un sistema de optimización da comercialización coa incorporación dun equipo de altas prestacións para a recepción, clasificación - por tamaños, pesos- e envasado de produtos da pesca costeira, esencialmente "choco" así como etiquetado que contará con todos os datos identificativos para garantir a trazabilidade do produto.
Trátase dunha iniciativa de carácter innovador. Conseguirase un produto envasado en caixas individuais axeitadas para unha correcta conservación, cun etiquetado autocolante que impedirá calquera tipo de alteración antes da chegada de primeira venta en lonxa, evitándose demoras na selección das caixas actualmente presentadas cunha clasificación manual directa desde a captura que fai que ás veces se produzan tamén devolucións polas diferenzas de produto.
Coa implantación deste sistema, conseguirase de forma automática a clasificación mecanizada e automatizada, no marco dun proceso racional e continuo.
Tamén se conseguirá un maior valor engadido para o produto que poderá chegar ata a súa expedición no mesmo envasado co que se adquire en lonxa, se fose necesario.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Fomenta o Valor engadido a través da valorización dos recursos pesqueiros e da mellora da eficiaencia na comercialización.
Fomenta a diversificación a través un aproveitamento sostible dos recursos.
Hai moitos ámbitos de actuación que beneficiarán a moitos colectivos do sector pesqueiro, entre os que se atopan os produtores pesqueiros que operan na zona, mellorando a cotización dos seus produtos, comercializadores que contarán coa posibilidade de participar nas subastas por vía telemática evitando desprazamentos e axilizando os labores de venta, os traballadores da lonxa que verán mejoradas as súas condicións de traballo e axilidade en todas as operacións, así como todo a contorna social e outras entidades ao esperarse un incremento no volume de comercialización, xerando maiores beneficios e riqueza para toda a zona, así como aproveitando a difusión desta experiencia e dos seus resultados.
Aumentar o emprego e a cohesión territorial. Fomento do crecemeto económico, a inclusión social, a creación e a mobilidade laboral nas comunidades costeiras e de interior dependentes da pesca e a acuicultura. Diversificación das actividades realizadas no marco da pesca e respecto dourtros sectores da economía marítima.
Comercialización- Incentivación do investimento sectores de transformación e comercialización.
Aumento do valor, creación de emprego, atracción de mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da acuicultura.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)