Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Galp 5 comeza as actividades de sensibilización ambiental

Un ano máis, o GALP Ría de Arousa, no marco das súas actividades de dinamización, aposta polas iniciativas de carácter medioambiental e volve a promover un programa que percorrerá diferentes centros educativos en ambas marxes da ría durante o derradeiro trimestre do ano.

As actuacións programadas consistirán en limpezas de zonas costeiras da man de escolares e outros colectivos. Tamén se realizarán sesións en aula, dinámicas e manipulativas, nas que as alumnas e alumnos se achegarán á problemática dos microplásticos, coñecerán as súas consecuencias e afondarán no que podemos facer para evitalos.