Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O Galp Ría de Arousa continúa coas accións medioambientais durante o verán

 

O Galp Ría de Arousa prosegue o seu programa de actividades no período estival, desta volta plantexando varias saídas con púlblico infantil aos areais de marisqueo, ademais dunha nova visita á illa de Cortegada para público xeral. As convocatorias están previstas para a próxima semana, comenzando o martes 30 en Cambados cunha actividade na zona de Santo Tomé onde se desenvolverá a partir das 10:00 un taller de marisqueo realizado pola Asociación cultural Mulleres do Mar de Cambados, Guimatur, para un grupo de entre 20 e 30 nenas e nenos da ludoteca. Tamén o martes ás 10:00 celebrarase outro taller de marisqueo no Grove con 50 nenas e nenos da ludoteca que atenderán as  mariscadoras da Confraría de San Martiño do Grove. O mércores 31 está organizada unha ruta interpretativa pola Illa de Cortegada para público xeral do Grove, as 16:30h. E está pendente de confirmar unha última actividade na Illa de Arousa, trátase dun taller de marisqueo con nenas e nenos da Aula de Natureza da man das mariscadoras da Cofradía de San Xulián da Illa.