Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O martes 7 de xullo arranca o proxecto de dinamización do GALP Ría de Arousa dirixido a fortalecer o apoderamento das mulleres do sector pesqueiro, coa primeira sesión formativa

 

Este martes terá lugar a primeira sesión de formación para continuar promovendo a igualdade no sector pesqueiro, por parte do GALP Ría de Arousa. A sesión celebrarase no Pazo Vista Real, en Vilanova de Arousa, entre ás 18 e ás 21 horas.

 

Maria José Vales, presidenta do GALP Ría de Arousa, dará a benvida ás mulleres participantes, poñendo de manifesto a importancia que ten a formación en diversas habilidades para facer un sector pesqueiro mais forte e avanzar cara a igualdade.

 

A primeira sesión de formación ten como tema principal as habilidades dixitais para organizar xuntanzas e reunións en liña. Mediante os dispositivos propios das mulleres, aprenderemos a empregar aplicacións para a participación en grupos. Ademais, traballaremos sobre unha breve guía para aprender a planificar, moderar e avaliar estas reunións, e poremos en práctica as pautas principais.

 

Para participar podes inscribirte chamando ao teléfono 627096062, ou escribindo ao correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com