Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O programa medioambiental da Arousa Norte remata cunha acción en Carragueiros

 

O programa de actividades medioambientais A NOSA RÍA, promovido polo GALP 5 no concellos da Arousa Norte realizou hoxe a ultima actividade desta edición na zona das charcas de Carragueiros, na localidade de Boiro, onde 22 escolares convocados polo centro social de Cabo de Cruz, desenvolveron en horario de 11 a 13 horas distintas actividades co obxectivo de coñecer os ecosistemas que habitan nos enclaves naturais da súa contorna e comprender así a importancia de protexelos. En concreto, puideron profundizar no coñecemento dos ecosistemas das charcas, das dunas; e de animais como o cabaliño de mar e o nautilus, comprobando ademais como pode afectarlles o lixo que chega ás praias.