Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O programa “O Sal do Mar” celebrará o 22 de setembro a súa xornada final de conclusións

Convite xornada final conclusiones O Sal do Mar

 

O GALP Ría de Arousa celebrará o 22 de setembro, ás 18:00 h no Auditorio Vilagarcía de Arousa da mesma cidade, a xornada final de conclusións do programa O Sal do Mar.

O obxectivo deste proxecto foi continuar reforzando a rede de mulleres do mar, acompañando no seu proceso de apoderamento e visibilización, e avanzando cara un sector pesqueiro cada vez máis igualitario. As participantes no proxecto serán quen tomen a voz e compartan co público as conclusións e as aprendizaxes colectivas ao longo do proxecto. Así mesmo, queremos continuar fomentando o debate e a xeración de propostas para promover a igualdade, poñéndoas en común neste espazo.

Gustaríanos convidarte a asistir á xornada, na que cumpriremos coas medidas de seguridade derivadas da situación sanitaria. Así mesmo, podes facer extensivo este convite a compañeiras que desenvolvan a súa actividade profesional en relación co mar.

A continuación, podes consultar o programa da xornada:

Programa xornada conclusiones O Sal do Mar 2021

Contacto para confirmar asistencia

Para confirmar a túa asistencia ou mais información, podes poñerte en contacto no correo electrónico dinamizacionmulleresarousa@gmail.com ou no teléfono 627 096 062 (Ana González).