Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O programa Relevo2 elabora un manual de boas prácticas para a comunidade educativa relacionada co sector do mar

Relevo2 manual boas practicas

 

No marco do programa Relevo2 estase a crear un manual de boas prácticas, que inclúe recursos, ferramentas, proxectos innovadores, etc.

Esta guía diríxese aos equipos directivos, titores, profesorado, comunidade educativa en xeral (consellos escolares, familias, ANPAs, ...) e, en particular, ás persoas con responsabilidade na orientación do alumnado en centros de Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional ou Bacharelato, que estean dispostos a manexar información veraz e actualizada sobre a formación e saídas profesionais en relación ao sector do mar.

Ademais, este documento pretende servir de información e para una boa orientación, de aí que nel estea previsto incluír información relativa á parte de formación académica, así como das experiencias reais implementadas ou que se van a poñer en marcha nos diferentes territorios dos GALP promotores do proxecto.

GALP impulsores

A segunda edición do programa Relevo busca achegar o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola ao alumnado de 4º de E.S.O., a fin de que coñeza as saídas profesionais e todo o que este sector lle ofrece na nosa comunidade.

Está desenvolvido polo GALP Ría de Arousa, xunto cos GALP Ría de Pontevedra, GALP Ría de Vigo A Guarda, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Golfo Ártabro Norte e GALP A Mariña Ortegal.