Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

O programa RELEVO2020 publica as puntuacións finais desta edición

 

O pasado 22 de xuño o alumnado que participa no programa RELEVO2020 fixo a exposición oral dos proxectos presentados nesta edición diante do xurado. A puntuación obtida nesta sesión sumada á valoración do proxecto escrito e á á puntuación acadada na fase presencial da formación, deu como resultado as calificacións definitivas que poden ser consultadas no seguinte documento:

https://galp.xunta.gal/sites/default/files/puntuacions_finais_rrelevo2020.pdf

Estas puntuacións posicionan ao alumnado para optar a realizar unha viaxe de estudos a Euskadi no mes de setembro, na que, ademais das xerencias dos grupos que forman parte do proxecto, participarán as 2 persoas do alumnado de cada territorio con mellor puntuación global.

O programa RELEVO2020 céntrase en forma e incentivar ás persoas participantes para que desenvolvan proxectos con ideas innovadoras para dinamizar os territorios costeiros dos GALP Costa Sostible, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, A Mariña-Ortegal e Ría de Arousa.