
A iniciativa ' Biomares', promovida pola empresa Ecoplas Barbanza, foi galardoada como a mellor start- up no concurso ‘Mares Circulares’ cofinanciado por Coca-Cola, e que promove a realización de estudos científicos no ámbito da xestión dos espazos naturais mariños e fluviais, a reciclaxe e a economía circular.
O concurso premiou tamén outros tres proxectos que buscan solucións aos lixos en contornas acuáticas: o estudo científico 'Xestión intelixente de residuos PET', dirixido por Giovanni Rizzi, do Madrid Internet of Things Institute (MIOTI); 'Estudo do contido de plásticos na ictiofauna aragonesa', liderado pola doutora Mayte Pozo, pertencente ao Departamento de Educación e Investigación do Acuario de Zaragoza; e 'Reciclando, reusando e reducindo: estratexias químicas, biolóxicas e enerxéticas para a sustentabilidade no ciclo integral da auga', dirixido por doutora María de los Ángeles Martín, da Universidade de Córdoba.
O proxecto Biomares' propón solucionar o uso de plásticos derivados do petróleo e substituílos por materiais biodegradables e compostables na fabricación de envases usados na contorna submarina. A iniciativa foi recompensada cun premio de 5.000 euros.

