Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

PRESENTACIÓN NOVO PERÍODO FEMPA

O CDL de Vilanova de Arousa recibe nunha tarde desapacible a unha marea de xente  do mar e distintas entidades do territorio, confrarías, representantes do sector bateeiro, concellos, entidades sociais, etc, afeitos a lidiar co mal tempo.

A climatoloxía non mermou o interese participativo de un elevado número de persoas interesadas en coñecer as novidades que se presentaron para esta nova convocatoria de axudas.

O acto estivo presidido polo Patrón Maior da Confraría da Illa de Arousa e Presidente do GALP, Juan José Rial Millán, quen logo de agradecer aos asistentes a súa participación, abordou aspectos relacionados coa orde de axudas publicada recentemente pola Consellería do Mar.

Os asistentes ao acto de presentación do novo periodo FEMPA achegáronse a Vilanova dende as dúas marxes da Ría de Arousa, escoitando a Rosa Carballo, Xerente do GALP Ría de Arousa, quen foi explicando as novidades desta primeira convocatoria de axudas do período FEMPA.

Nesta xornada, e como experiencias inspiradoras e referentes se contou coa presenza de Raquel Lorenzo (R de Lorenzo Cordelería), Cristina García (Algas La Patrona) e María Calvo (explicando o proxecto Atando aparellos)

A continuación tivo lugar a presentación de resultados do Obradoiro O Sal do Mar, que estivo presentado por Mª Carmen Resúa, mariscadora a pe e por Luisa Pérez, bateeira.

O Encontro informativo finalizou cun espazo networking acompañado dunha degustación de productos do mar no que os participantes estableceron sinerxias coas entidades do sector pesqueiro, municipais e asociativas do territorio, permitindo xerar iniciativas a poñer en marcha para dinamizar económicamente a Ría de Arousa.