luns, 25 de Xaneiro de 2021 - 03:01

Hoxe comezamos a andadura desta segunda edición nos centros educativos!
Estivemos no IES POBRA DO CARAMIÑAL con alumnado de 4ESO e mañá estaremos co de ciclos formativos.
A sesión versou sobre as saídas profesionais vinculadas ao sector pesqueiro na nosa comunidade a fin de axudar aos mozos e mozas a encamiñar o seu futuro e tratar de favorecer o relevo xeracional.
Anímate a participar.
Busca información en relevo2020.org
Participan: GALP Ría de Arousa, GALP A Mariña, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur e GALP Costa Sostible.

