Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RELEVO 2020

RELEVO 2020
 
Onte xoves o alumnado do programa RELEVO do GALP Ría de Arousa e do GALP Costa Sostible fixeron unha visita conxunta á Escola Oficial Náutica de Ribeira na que, durante case 3 horas, puideron coñecer as instalacións do centro e os programas formativos de ensino regrado e non regrado que nel se imparten. A mañá estivo guiada polo director da escola Pedro Rivero aínda que nalgunhas salas estivemos acompañados tamén de Gloria, a xefa de estudos e dous profesores máis que complementaron as explicacións dos seus módulos formativos.
 
Estas visitas axudan a que o alumnado se achegue ao sector e coñeza de primeira man as oportunidades e saídas profesionais existentes.
 
Moitísimas grazas pola participación e polas explicacións recibidas!!!