Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

RELEVO 2020

RELEVO 2020
No marco das visitas programadas para fora do territorio, no día de onte 20 de maio, @s participantes no programa formativo RELEVO2020, para o relevo xeracional no sector pesqueiro desprazáronse ata o territorio da Mariña. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a labor desempeñada na pranta de rodaballo de Insuiña en Xove e Pescados Rubén en Foz. A este territorio desprazáronse os grupos dos GALP Ría de Arousa, Costa Sostible, Artabro Norte e Mariña Ortegal.
Foi unha xornada fantástica, as explicacións recibidas e a participación do alumnado aclarando dúbidas e expoñendo as súas inquedanzas.

Agradecemos a atención recibida polas empresas visitadas, nestes momentos de incerteza que estamos a vivir.