venres, 17 de Novembro de 2017 - 10:11

O Grupo de Acción Local do sector pesqueiro “Ría de Arousa” (GALP) anuncia o concurso para a selección dun/dunha traballador/a coa categoría profesional de administrativo/a do seu cadro persoal. As bases do concurso poderán descargarse na páxina web do GALP, no apartado “Documentación”: https://galp.xunta.gal/sites/default/files/bases_galp_2017.pdf
Os/as interesados/as deberán presentar a solicitude para participar no dito concurso na forma descrita nas bases. A data límite de recepción de solicitudes será o 12 de decembro de 2017.