Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Sensibilización no arquipélago de Cortegada

 

Un grupo da ANPA do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa visitou esta fin de semana a Illa de Cortegada, dentro da programación de actividades de sensibilización medioambiental programadas polo Galp Ría de Arousa nons concellos do sur do seu territorio.

O grupo realizou unha pequena ruta por un dos sendeiros existentes. O obxectivo principal desta actividade é descubrir a contorna natural do arquipélago de Cortegada como un lugar de gran riqueza biolóxica e abundantes recursos (explotación marisqueira), observando a natureza e procurando alterala o menos posible.