
TALLER INFORMATIVO NOVA CONVOCATORIA FEMPA
O prazo para solicitar as axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas estará aberto ata o 26 de Outubro de 23 ás 23:59h.
Para facilitar a información correspondente a esta axuda a todos os interesados realizaranse dous talleres participativos en Vilagarcía de Arousa e na Pobra do Caramiñal.
O primero se celebrará o vindeiro día 11 de outubro ás 11:30h, e terá lugar no Seminario de FEXDEGA (Avda. Rodrigo de Mendoza, s/n, Vilagarcía de Arousa ) un taller informativo sobre os requisitos e modelos para a presentación de solicitudes de axuda ao abeiro da convocatoria FEMPA para este 2023.
Neste taller informaremos sobre a nova orde detallando o procedemento a seguir, modelos de memoria e plan financeiro así como toda a documentación necesaria para unha correcta presentación da solicitude.
O taller estará aberto á participación de todas as persoas interesadas en presentar solicitude de axuda, e agradeceremos que asistan as persoas encargadas de realizar a devandita presentación como por exemplo, asistencias técnicas ou técnicos das confrarías, concelleiros e técnicos dos concellos, promotores particulares, xestorías, etc
Solicitamos que para proceder a unha correcta inscrición nos indiquen por mail ou teléfono os nomes completos das persoas interesadas en participar.
O segundo celebrarase o día 18 de outubro ás 11:30h, na Sala de Xuntas da Confraría de Pobra do Caramiñal (Muelle Comercial, s/n. Edificio Lonxa 15940 Pobra do Caramiñal (A Coruña)) con idéntica información.
Para calqueira cuestión, non dubiden en poñerse en contacto con nos.