Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Vídeo resumo da campaña Relevo 2020

Relevo 2020 video resumo

 

No último trimestre de 2021 clausurouse o proxecto de colaboración Relevo2020, unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP): GALP A Mariña-Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia: Costa Sostible e GALP Ría de Arousa.

O GALP Ría de Arousa foi o coordinador do proxecto e, no acto de peche celebrado no Museo do Pobo Galego, participaron a presidenta do GALP Ría de Arousa, María Vales, e a xerente do GALP Ría de Arousa, Rosa Carballo, que estiveron acompañadas polo presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez. Nunha segunda quenda interviu David Torres de Arenaria Coordinación, empresa encargada da asistencia técnica.

A continuación achegamos o vídeo resumo do proxecto.

Para máis información sobre o programa: http://arenariacoordinacion.com/relevo2020/