Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Visita a Illa de Sálvora

 

Este mércores iniciamos na Illa de Sálvora unha nova edición do noso programa de Actividades Medio Ambientais na Arousa Norte. 

Un grupo de 37 mulleres visitou este recén declarado Ben de Interese Cultural, acompañado por guías acreditadas e tamén polo concelleiro de Educación do Concello Riveira e a xerente do Galp Ría De Arousa, que fixo unha exposición das actividades impulsadas polo GALP.

Nos próximos días coñeceranse as datas das próximas accións deste programa destinado a escolares, familias, asociacións de mulleres, entidades de carácter social e usuarios con diversidade funcional.