Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Aplicación das novas tecnoloxías ao sector do marisqueo na Ría de Noia

Trátase dun proxecto conxunto, no que participan xunto coa Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia (entidade coordinadora), a Confraría de Pescadores de Muros , a Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son e a Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín, e consiste na implementación da plataforma dixital Xesmar, especializada no sector do marisqueo en Galicia.

Datos xerais
Acrónimo: 
XESMAR-NOIA
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Confraría de Pescadores
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 21 de decembro do 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participatio (EDLP) aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro
Convocatoria - ano: 
2020
Data de aprobación: 
30/07/2020
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
19
Anualidades: 
2020-2021
Data fin de execución: 
30/10/2021
Ámbito de aplicación: 

Ría Muros-Noia.

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
60.875,09 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
50.310,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
46.033,65 €
% Subvención: 
91,5
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
39.128,60 €
FEMP (%): 
85
CA (€): 
6.905,05 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Aplicar I+D+i nos sector enfocando a innovación nos procesos e traballos existentes na cadea de valor dende o inicio ata as fases de comercialización do produto.

Innovar incorporando e afianzando o manexo das novas tecnoloxías, a través da implatación da plataforma tecnolóxica Xesmar, que permitirá organizar e optimizar a xestión dos traballos, os procesos e establecer unha canle de comunicación segura entre a confraría e os seus socios.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

A plataforma Xesmar, deseñouse como unha ferramenta innovadora para facilitar o traballo dos profesionais do mar de Galicia, aplicando as novas tecnoloxías para dar solución ás necesidades existentes no sector do marisqueo, tales como a xestión das actividades desenvolvidas polo colectivo e o control na extracción dos recursos.

-Mellora global da sostenibilidade, trazabilidade e xestión do sector.

-Impulsar a formación profesional do colectivo  no uso das novas tecnoloxías.

-Incrementar a cooperación e cohesión entre as entidades ao establecerse ferramentas que permiten marcos comúns de traballo.

-Establecer unha moderna canle de comunicación segura e fiable entre a confraría e os seus socios.

-Incrementar a cohesión territorial e axilizar os mecanismos de comunicación e integración coas diferentes entidades implicadas na gobernanza e cadea de valor.

-Reducir o impacto mediomabiental directo e indirecto que se produce como consecuencia da actividade.

-Dar solución a novos retos e transferir a aprendizaxe en beneficio global do sector.

Principais actividades do proxecto: 

Xesmar constitúe a plataforma dixital pensada por e para o sector o mar innovando dende as necesidades concretas do sector, dende o punto de vista da organización, procesos e planificación dos traballos.

Unha solución innovadora que permite ás organizacións de pescadores avanzar cara a unha xestión dos traballos e recursos máis eficiente e sostible, poñendo ao alcance da man dos/as maricadores/as toda a formación relativa ao seu traballo.

O proxecto constará das seguintes actividades:

-Personalización e adaptación da plataforma para cubrir as necesidades concretas na Ría de Muros-Noia.

-Personalización e publicación da plataforma web para as diferentes confrarías.

-Personalización e publicación da aplicación app para as diferentes confrarías.

-Posta e supervisión dos controis de asistencia e extracción.

-Seguimento, soporte e atención  de incidencias.

Como infraestrutura unicamente se requiren espazos habilitados para a celebración das xornadas de formación.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1. Sector Pesqueiro

Obxectivo específico da EDLP: 

1.2. Sostibilidade da actividade pesqueira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)