martes, 15 de Outubro de 2019 - 12:10

Reunida a Xunta Directiva do GALP Seo Fisterra Ría Muros-Noia. Costa Sostible nas das do 4 de outubro de 2019 para elaborar a proposta de resolución provisional, e na data do 15 de outubro de 2019 para realizar a proposta de resolución definitiva, aprobou elevar á Consellería do Mar a proposta de resolución definitiva da segunda convocatoria de axudas do ano 2019.
Proposta de resolución definitiva
A presente proposta de resolución definitiva publicada no taboleiro de anuncios do GALP, non crea ningún dereito a favor dos solicitantes propostos.