
Situado no Concello de Ribadeo, desde o ano 2004, o hotel “Mi Norte” conta con dúas estrelas e 10 habitacións, a escasos metros da Praia de Augassantas.
A promotora pretende ampliar o hotel coa construción dun inmoble independente do establecemento principal, pero compartindo servizos comúns. A nova edificación contaría con 3 novos dormitorios dobres con baño e unha zona común onde estará situada a sala de interpretación e multiusos do mundo mariñeiro.
As habitacións porán en valor a beleza do Mar e as súas tradicións grazas á decoración temática de cada unha delas completamente ambientadas no mundo mariñeiro.
Ademais contarán cun valor engadido: xunto coa reserva da habitación os clientes poderán gozar de actividades náuticas levadas a cabo por empresas da zona, coas que a promotora ten asinados convenios de colaboración.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Impulsar o turismo mariñeiro e de natureza vinculado ao mar así como o patrimonio costeiro.
Buscar o desenvolvemento do turismo mariñeiro, mediante excursións, visitas e coñecemento das costumes do mar.
Promover unha infraestrutura hostaleira de calidade relacionada co mar.
Aumento de afluencia de turistas no Concello de Ribadeo.
Empresa mais competitiva.
Consolidación de postos de traballo.
Emprego feminino
Mellora do grao de coñecemento dos visitantes sobre as costumes do mar e conservación do sector pesqueiro.
Acondicionamento da contorna-xardín
Construción de nova edificación ampliación hotel
Decoración e equipamento das habitacións e da sala multiusos
Obxectivo 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Obxectivo 2.3. Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

