O proxecto consiste na adquisición dunha furgoneta frigorífica híbrida para o transporte de peixe e marisco, garantindo o mantemento da cadea de frío ereducindo o impacto ambiental.
A actuación permitirá mellorar a calidade do produto, optimizar a loxística de distribución e reducir custos e tempos de entrega, favorecendo cadeas de subministración curtas e o abastecemento directo a restaurantes e comercios. Ademais, contribúe a unha actividade máis sostible, facilitando a expansión a novos clientes e mercados e a apertura de novos canais de venda.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellorar a comercialización directa dos produtos pesqueiros locais, garantindo un transporte adecuado que preserve a calidade do peixe e do marisco desde a súa recollida ata o punto de entrega.
- Garantir o mantemento da cadea de frío, mediante a incorporación dun vehículo isotermo que asegure a conservación óptima dos produtos pesqueiros durante todo o proceso de distribución, reforzando a súa calidade e seguridade alimentaria.
- Optimizar a loxística de distribución, reducindo os tempos de transporte, mellorando a eficiencia das entregas e facilitando o abastecemento directo a restaurantes, comercios e outros clientes.
- Incrementar o valor engadido dos produtos pesqueiros locais, favorecendo a súa valorización a través dunha distribución máis eficiente que permita manter a súa frescura e calidade ata o consumidor final.
- Reforzar as cadeas curtas de comercialización, impulsando a conexión directa entre o sector pesqueiro e os mercados de proximidade, contribuíndo á competitividade da empresa e ao desenvolvemento da economía azul do territorio.
- Reducir o impacto ambiental da actividade, incorporando un vehículo máis eficiente e sostible que contribúa á diminución das emisións e á mellora da sustentabilidade do transporte de produtos pesqueiros.
- Garantir o mantemento da cadea de frío durante o transporte, asegurando que os produtos pesqueiros cheguen aos puntos de venda e aos clientes en condicións óptimas de frescura, calidade e seguridade alimentaria.
- Mellorar a comercialización directa dos produtos pesqueiros locais, incrementando a capacidade de distribución da empresa e reforzando as cadeas curtas de comercialización entre a lonxa e os puntos de venda.
- Optimizar a loxística da empresa, reducindo os tempos de transporte, mellorando a planificación das rutas de distribución e incrementando a eficiencia operativa.
- Incrementar o valor engadido dos produtos pesqueiros, favorecendo que o peixe e o marisco manteñan as súas características organolépticas e a súa calidade ata o consumidor final, mellorando a súa competitividade no mercado.
- Ampliar a capacidade de abastecemento a clientes e puntos de venda, facilitando a distribución a novos establecementos e consolidando a carteira de clientes da empresa.
- Reforzar a competitividade e a sustentabilidade da actividade, mediante a incorporación dun vehículo adaptado ás necesidades do transporte de produtos pesqueiros, contribuíndo á mellora do servizo ofrecido e á consolidación da actividade empresarial.
A actuación consiste na adquisición dun vehículo equipado cun caixón isotermo reforzado, destinado ao transporte de produtos pesqueiros adquiridos na lonxa ata os puntos de venda propios e outros clientes da contorna. O vehículo permitirá manter a cadea de frío durante todo o proceso de distribución, garantindo que o peixe e o marisco cheguen ao seu destino en condicións óptimas de frescura, calidade e seguridade alimentaria.
A incorporación desta infraestrutura contribuirá a mellorar a eficiencia loxística da empresa, optimizar os tempos de entrega, reforzar a comercialización directa dos produtos pesqueiros locais e incrementar a súa valorización, favorecendo o abastecemento dos mercados de proximidade e a competitividade da actividade.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

