Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MELLORA DA LOXÍSTICA, CONDICIÓNS HIXIÉNICO SANITARIAS E CONSERVACIÓN DE PRODUTOS

O proxecto ten como finalidade mellorar os servizos prestados pola confraría aos seus asociados mediante a adquisición de novos equipamentos destinados a optimizar a xestión dos recursos, reforzar as condicións de hixiene e incrementar a eficiencia operativa das instalacións.

A actuación contempla a instalación dunha cámara de conxelado industrial para o almacenamento de carnada, garantindo un subministro continuo, seguro e de calidade para a frota artesanal, reducindo a dependencia de provedores externos e mellorando a planificación das mareas. Así mesmo, inclúe a adquisición dunha hidrolimpadora e dunha aspiradora industrial, destinadas a optimizar as tarefas de limpeza e mantemento das instalacións, mellorar as condicións de hixiene e seguridade e facilitar o cumprimento da normativa sanitaria.

En conxunto, o proxecto contribuirá a reforzar a capacidade de servizo da confraría, mellorar a competitividade e a eficiencia da frota pesqueira local e favorecer unha xestión máis sostible dos recursos, beneficiando ao conxunto das persoas asociadas e apoiando o desenvolvemento da actividade pesqueira no territorio.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00060
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Confraría de Pescadores de Foz
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/07/2026
Ámbito de aplicación: 

Foz (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
11.469,08 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
11.469,08 €
Total axuda pública aprobada (€): 
11.469,08 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
11.469,08 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
8.028,36 €
CA (%): 
3.440,72 €
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

O proxecto ten como obxectivo principal mellorar os servizos prestados pola Confraría aos seus asociados mediante a incorporación de novos equipamentos que permitan incrementar a eficiencia operativa, optimizar a xestión dos recursos e reforzar as condicións de hixiene e seguridade das instalacións.

A instalación dunha cámara de conxelado industrial permitirá garantir a dispoñibilidade continua de carnada en condicións óptimas de conservación, mellorando a autonomía operativa e a competitividade da frota artesanal. Así mesmo, facilitará a planificación das mareas e das campañas de pesca, reducirá a dependencia de provedores externos e os custos derivados de compras urxentes, minimizará as perdas por deterioro do produto e mellorará a súa trazabilidade.

Pola súa banda, a adquisición dunha hidrolimpadora industrial permitirá optimizar os procesos de limpeza das instalacións, reducindo os tempos de traballo e mellorando as condicións de hixiene e seguridade. Este equipamento facilitará a eliminación de restos orgánicos, salitre e outras substancias derivadas da actividade pesqueira, contribuirá á conservación das instalacións e favorecerá o cumprimento da normativa en materia de hixiene, seguridade alimentaria e prevención de riscos laborais, reforzando ademais a imaxe de profesionalidade da Confraría.

Finalmente, a incorporación dunha aspiradora industrial permitirá mellorar a limpeza das zonas interiores, almacéns e espazos comúns, reducindo a acumulación de po, restos orgánicos e outras partículas. Isto contribuirá a crear un contorno de traballo máis limpo, seguro e saudable, ao tempo que facilitará as tarefas de mantemento e mellorará a eficiencia na xestión das instalacións.

En conxunto, estas actuacións contribuirán a reforzar a capacidade de servizo da Confraría, mellorar a competitividade da frota pesqueira local e promover unha xestión máis eficiente, moderna e sostible dos recursos e das infraestruturas ao servizo do sector pesqueiro.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Coa execución do proxecto espérase mellorar de maneira significativa a capacidade de servizo da Confraría aos seus asociados mediante a incorporación de novos equipamentos que optimicen a xestión da carnada e as condicións de hixiene das instalacións.

A instalación da cámara de conxelado industrial permitirá garantir unha maior dispoñibilidade e calidade da carnada, reducindo as incidencias derivadas da falta de subministro e minimizando as perdas ocasionadas polo seu deterioro. Así mesmo, contribuirá a diminuír os custos asociados ás compras urxentes e ao transporte, favorecerá unha mellor planificación das mareas e das campañas de pesca, reforzará a capacidade de resposta da Confraría e incrementará a satisfacción da frota usuaria, contribuíndo á sustentabilidade da actividade pesqueira local.

A incorporación da hidrolimpadora industrial permitirá mellorar as condicións de hixiene e seguridade das instalacións, optimizando os procesos de limpeza e reducindo os tempos necesarios para a súa execución. Ademais, facilitará a eliminación eficaz de restos orgánicos, salitre e sucidade, reducirá o desgaste das superficies e dos equipamentos, favorecerá un maior cumprimento da normativa hixiénico-sanitaria e reforzará a imaxe de profesionalidade da Confraría.

Pola súa banda, a adquisición dunha aspiradora industrial contribuirá a mellorar a limpeza e salubridade das zonas interiores, almacéns e espazos comúns, reducindo a acumulación de po, partículas e residuos derivados da actividade pesqueira. Como resultado, melloraranse as condicións de traballo, incrementarase a conservación das áreas de manipulación e crearase un contorno máis seguro, limpo e eficiente para o desenvolvemento da actividade diaria.

En conxunto, o proxecto permitirá modernizar os servizos prestados pola Confraría, mellorar a eficiencia da súa xestión, incrementar a competitividade da frota artesanal e ofrecer unhas instalacións máis seguras, hixiénicas e adaptadas ás necesidades actuais do sector pesqueiro.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto desenvolverase mediante a adquisición e posta en funcionamento dos equipamentos necesarios para mellorar os servizos prestados pola Confraría e optimizar a xestión das súas instalacións.

En primeiro lugar, procederase á adquisición e instalación dunha cámara de conxelado industrial destinada ao almacenamento de carnada. Esta actuación incluirá a preparación e adecuación do espazo para a súa instalación, a conexión ás infraestruturas eléctricas, a posta en marcha do equipamento e a implantación de protocolos de almacenamento, control de temperatura e conservación do produto, así como a formación básica do persoal responsable da súa xestión e mantemento.

En segundo lugar, levarase a cabo a adquisición dunha hidrolimpadora industrial, xunto cos accesorios necesarios para o seu correcto funcionamento. Tras a súa posta en servizo e verificación da operatividade, integrarase nos protocolos de limpeza da Confraría co obxectivo de optimizar as tarefas de mantemento, mellorar a hixiene das instalacións e incrementar a eficiencia dos traballos de limpeza.

Finalmente, adquirirase unha aspiradora industrial cos correspondentes accesorios, realizándose a súa posta en funcionamento e comprobación técnica. O equipamento incorporarase ao plan de limpeza das zonas interiores, almacéns e áreas de manipulación, permitindo efectuar limpezas regulares que melloren as condicións hixiénicas e a conservación das instalacións.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)