
A empresa ven desenvolvendo no concello mariñeiro de Foz, unha actividade de aloxamento sen servizo de restauración. A ubicación do hotel é privilexiada, xa que está a 50 m da Praia da Rapadoira, o que implica un bo funcionamento do negocio.
A empresa pretende ofrecer un servizo complementario aos seus clientes e ao resto da poboación e pretende habilitar un local da súa propiedade de 224,49 m2 lindeiro co propio edificio do hotel, e dotalo da tecnoloxía necesaria para que funcione como unha sala de conferencias, exposicións e outros eventos, o que permitirá que o Hotel non solo funcione no verán, senón tamén o resto do ano.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Ampliar as liñas de negocio da empresa ofrecendo un servizo complementario ao aloxamento de calidade, á poboación en xeral.
Ampliar a oferta de servizos aos clientes do Hotel, dándolles a posibilidade de celebrar reunións de traballo, conferencias.
Incrementar a actividade económica empresarial fora do período de estival, promovendo e facilitando a celebración de xornadas gastronómicas, culturais, cursos.
Incremento da calidade na prestación servizos aos clientes.
Turismo diversificado e de maior calidade.
Reforma de local sala usos diversos.
Instalación de megafonía e equipamento
Obxectivo 2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Obxectivo 2.2. Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio da Mariña-Ortegal.
Obxectivo 2.3. Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)