O proxecto ten como finalidade recuperar, conservar e poñer en valor o patrimonio marítimo e a memoria histórica da carpintería de ribeira no concello de Cervo, destacando o seu papel como actividade tradicional estreitamente vinculada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e á identidade cultural da Mariña. A iniciativa pretende converter este legado nun recurso de dinamización social, cultural e turística, contribuíndo á diversificación da economía azul do territorio.
A actuación céntrase na mellora da contorna da ría do Lieiro e na adaptación e valorización do Espazo Museo da Carpintería de Ribeira, co obxectivo de consolidalo como un referente na divulgación do patrimonio marítimo da comarca. Mediante a mellora das instalacións e da súa oferta interpretativa facilitarase unha experiencia máis atractiva, accesible e didáctica para as persoas visitantes.
Como complemento aos investimentos previstos, desenvolverase un programa de actividades culturais, educativas e ambientais orientadas á difusión da cultura mariñeira, das profesións tradicionais do mar e da importancia do patrimonio pesqueiro como elemento identitario da costa. Estas accións incluirán iniciativas de sensibilización sobre o consumo de produtos pesqueiros, a conservación do medio mariño e a transmisión dos oficios tradicionais ás novas xeracións.
O proxecto aposta por un modelo participativo e inclusivo, promovendo a implicación da comunidade educativa, da cidadanía e de colectivos de inclusión social, garantindo a accesibilidade das actividades e favorecendo a participación de persoas con discapacidade.
A iniciativa contribuirá á conservación e difusión do patrimonio cultural marítimo, ao fortalecemento da identidade mariñeira do concello de Cervo e á xeración dun novo recurso turístico e cultural capaz de dinamizar social e economicamente a contorna costeira, reforzando os vínculos entre patrimonio, cultura, turismo e sector pesqueiro
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Obxectivo xeral
Recuperar, conservar e poñer en valor o patrimonio cultural marítimo do concello de Cervo, tomando como eixo a carpintería de ribeira como actividade tradicional vinculada ao desenvolvemento pesqueiro, promovendo a súa divulgación, conservación e aproveitamento como recurso cultural, educativo e turístico.
Obxectivos específicos
- Reforzar o papel do patrimonio cultural marítimo, e en particular da carpintería de ribeira, como elemento identitario da vila de Cervo e da comarca da Mariña, favorecendo a conservación e transmisión deste legado ás futuras xeracións.
- Impulsar a colaboración entre o Concello, as entidades do sector pesqueiro, os centros educativos, o tecido asociativo e a cidadanía, fortalecendo a gobernanza participativa na protección e promoción do patrimonio marítimo e dos recursos vinculados ás actividades pesqueiras.
- Consolidar o Espazo Museo da Carpintería de Ribeira como un recurso de referencia para a divulgación da cultura mariñeira, mediante unha programación estable de actividades culturais, educativas, de lecer e turísticas relacionadas coa carpintería de ribeira, os oficios tradicionais do mar e a evolución da actividade pesqueira.
- Promover un modelo de turismo cultural e sostible baseado na valorización do patrimonio marítimo, contribuíndo á diversificación da oferta turística da Mariña e á dinamización económica do territorio.
- Sensibilizar á cidadanía sobre a importancia da conservación da contorna da ría de Lieiro e do medio mariño, fomentando boas prácticas ambientais, a prevención do lixo mariño e a protección da flora e da fauna propias deste espazo natural.
- Favorecer a participación activa da comunidade educativa, da poboación local e dos colectivos de inclusión social en actividades accesibles e integradoras, reforzando o vínculo da sociedade co seu patrimonio marítimo e promovendo unha cultura de respecto, conservación e posta en valor do mar e das súas actividades tradicionais.
- Consolidación do Espazo Museo da Carpintería de Ribeira de Cervo como un centro de referencia para a conservación, divulgación e valorización do patrimonio cultural marítimo, converténdose nunha auténtica aula mariñeira para a Mariña e o conxunto do litoral galego.
- Implantación dunha programación estable e continua de actividades culturais, educativas, divulgativas e participativas que dinamice o museo ao longo de todo o ano, favorecendo a transmisión interxeracional dos coñecementos asociados á carpintería de ribeira e fortalecendo o vínculo da cidadanía coa cultura do mar.
- Fortalecemento da colaboración entre o Concello, o sector pesqueiro, os centros educativos, as entidades culturais e o tecido asociativo, creando unha rede de cooperación que impulse novas iniciativas de conservación, divulgación e promoción do patrimonio marítimo-pesqueiro do territorio.
- Incremento da visibilidade e do recoñecemento da carpintería de ribeira como un oficio tradicional de elevado valor histórico, cultural e patrimonial, reforzando a identidade mariñeira da Mariña e a súa vinculación co desenvolvemento do sector pesqueiro.
- Maior sensibilización da poboación e das persoas visitantes sobre a importancia da conservación do patrimonio marítimo, dos oficios tradicionais do mar e da protección do medio mariño, fomentando unha maior conciencia ambiental e cultural.
- Diversificación da oferta cultural e turística do concello de Cervo, mediante a creación dun recurso permanente ligado á economía azul, capaz de atraer visitantes, complementar a oferta existente e contribuír á dinamización económica da contorna.
- Incremento da participación cidadá e da inclusión social, favorecendo a implicación da comunidade educativa, das asociacións locais e dos colectivos con necesidades específicas en actividades accesibles e adaptadas, promovendo un acceso universal ao patrimonio cultural marítimo.
- Contribución ao desenvolvemento sostible da economía azul, xerando novas oportunidades de valorización do patrimonio marítimo-pesqueiro como recurso cultural, educativo e turístico, reforzando a identidade costeira e o atractivo da comarca da Mariña.
Actividade 1. Adaptación do Espazo Museo da Carpintería de Ribeira
A actuación principal consiste na adaptación e acondicionamento do edificio existente na marxe esquerda da ría de Lieiro para o seu funcionamento como Espazo Museo da Carpintería de Ribeira, adecuándoo ás condicións requiridas para un local de pública concorrencia.
Esta intervención permitirá mellorar a conservación e interpretación do patrimonio material e inmaterial asociado á carpintería de ribeira, convertendo o museo nun espazo de referencia para a divulgación da cultura mariñeira e dos oficios tradicionais vinculados ao sector pesqueiro.
Actividade 2. Programa "Quechemarín"
Desenvolverase o programa educativo "Quechemarín", unha iniciativa de carácter lúdico-pedagóxico orientada á divulgación da carpintería de ribeira e á transmisión deste oficio tradicional ás novas xeracións.
As actuacións previstas inclúen:
- Reunións de traballo con centros educativos e ANPAS para adaptar os contidos ás distintas etapas formativas.
- Deseño e prototipado dos obradoiros en colaboración cun mestre carpinteiro de ribeira.
- Elaboración dun programa educativo que poida incorporarse como actividade complementaria ou extraescolar.
- Creación de materiais didácticos e divulgativos adaptados aos diferentes públicos (unidades didácticas, guías, léxico mariñeiro, fichas de embarcacións tradicionais, etc.).
- Realización dunha experiencia piloto mediante unha visita ao museo para avaliar e mellorar a proposta.
O programa poderá estenderse posteriormente a centros de maiores, entidades de inclusión social e outros colectivos.
Actividade 3. Concurso ambiental "Cervocrebas"
Organizarase "Cervocrebas", unha actividade de sensibilización ambiental en formato de concurso artístico dirixida á mocidade e a colectivos de inclusión social.
A iniciativa promoverá a reutilización de madeiras e outros materiais procedentes do mar para a creación de obras artísticas, fomentando simultaneamente a creatividade, a economía circular e a sensibilización fronte ao problema do lixo mariño.
As actuacións comprenderán:
- Elaboración das bases do concurso.
- Difusión da convocatoria.
- Avaliación das obras presentadas.
- Entrega de premios e presentación pública das creacións.
Actividade 4. Polafía do Estaleiro
Como actividade de peche celebrarase a "Polafía do Estaleiro", unha xornada participativa destinada á presentación pública dos resultados do proxecto e á valorización do traballo desenvolvido polos mestres carpinteiros de ribeira.
A programación incluirá:
- Deseño e organización do evento.
- Actividades divulgativas e de encontro coa comunidade.
- Presentación do proxecto e das súas actuacións.
- Degustación de produtos do mar como elemento de promoción da gastronomía mariñeira local.
Actividade 5. Plan de dinamización
Elaborarase un Plan de Dinamización que permitirá coordinar tecnicamente todas as actuacións previstas, favorecer a participación da cidadanía e garantir a continuidade da programación do Espazo Museo.
Este plan incluirá tamén a coordinación dos eventos, a dinamización dos diferentes públicos participantes e a sistematización documental das accións desenvolvidas para facilitar a súa continuidade e avaliación.
Actividade 6. Plan de comunicación
Executarase un Plan de Comunicación destinado a dar visibilidade ao proxecto e aos seus resultados.
Entre as actuacións previstas inclúense:
- Deseño da identidade gráfica do proxecto.
- Elaboración de materiais informativos e divulgativos.
- Difusión de contidos en medios de comunicación, páxina web e redes sociais.
- Elaboración dun vídeo resumo que recolla o desenvolvemento e os resultados alcanzados.
Obxectivo Estratéxico 5. Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos e actividades marítimas locais
OBXECTIVO ESPECÍFICO 5.1. Incrementar a participación e o coñecemento do intereses do sector pesqueiro no conxunto dos ámbitos e sectores da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

