O proxecto ten como finalidade remodelar e dinamizar o Mercado de Abastos de Viveiro, reforzando o seu papel como espazo de referencia para a comercialización de produtos de proximidade, a promoción do sector pesqueiro e a dinamización económica e social do centro histórico da cidade.
A actuación contempla unha intervención integral sobre o edificio, situado nun enclave estratéxico entre o casco histórico, o porto e a ría de Viveiro, orientada á reorganización dos espazos comerciais e á recuperación da súa funcionalidade. O proxecto prioriza a posta en valor das peixerías como elemento central do mercado, reforzando a presenza dos produtos da pesca e do marisqueo locais e mellorando as condicións de comercialización destes produtos.
Así mesmo, levaranse a cabo actuacións de mellora da eficiencia enerxética e do confort do edificio mediante a renovación da súa envolvente, a optimización das condicións ambientais e acústicas dos espazos interiores e a adaptación das instalacións aos requisitos necesarios para a obtención do distintivo de "Mercado Excelente", incrementando a calidade dos servizos ofrecidos tanto aos comerciantes como ás persoas usuarias.
De maneira complementaria, desenvolverase unha estratexia de dinamización socioeconómica centrada na promoción do produto pesqueiro local, no fomento do consumo de proximidade e na difusión da cultura mariñeira. Esta estratexia incluirá accións de promoción gastronómica, actividades educativas en centros escolares, iniciativas de divulgación do patrimonio marítimo e campañas de sensibilización sobre a importancia do sector pesqueiro na economía e na identidade de Viveiro, prestando unha especial atención ao papel das mulleres no ámbito marítimo-pesqueiro.
O proxecto promoverá a colaboración entre o Concello de Viveiro, as persoas praceiras, as confrarías de pescadores, o sector pesqueiro, os centros educativos e o tecido asociativo local, consolidando o Mercado de Abastos como un espazo vivo de encontro entre produción, comercialización, cultura e cidadanía.
En conxunto, esta actuación contribuirá á valorización dos produtos da pesca e do marisqueo, ao fortalecemento do comercio local, á revitalización do centro histórico de Viveiro e ao impulso dun modelo de desenvolvemento sostible baseado na economía azul, na conservación do patrimonio e na promoción da identidade mariñeira da Mariña-Ortegal.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Promover a excelencia do Mercado de Abastos de Viveiro, impulsando a súa modernización para acadar o distintivo de Mercado Excelente da Xunta de Galicia e consolidándoo como un espazo de referencia para a comercialización dos produtos da pesca e do marisqueo, así como un punto de dinamización social, cultural e económica do municipio.
- Fomentar a economía de proximidade, fortalecendo as canles curtas de comercialización e mellorando a competitividade das persoas praceiras fronte á gran distribución, potenciando especialmente a venda de produtos pesqueiros e marisqueiros locais.
- Promover o consumo saudable e sostible, impulsando a valorización e o consumo de especies de tempada e de proximidade, especialmente aquelas amparadas por selos de calidade como Pesca de Rías e Pescada de Celeiro, fomentando hábitos de alimentación saudables entre a poboación e contribuíndo á redución da pegada de carbono.
- Modernizar a experiencia comercial e divulgativa do Mercado de Abastos, incorporando ferramentas dixitais, como códigos QR e contidos multimedia, que permitan difundir a historia do porto, da lonxa e do mercado, poñendo en valor a memoria oral, o patrimonio marítimo-pesqueiro e a cultura mariñeira de Viveiro.
- Incrementar a proxección comercial do Mercado de Abastos de Viveiro, consolidándoo como un espazo de referencia para a comercialización de produtos de proximidade e acadando o distintivo de Mercado Excelente outorgado pola Xunta de Galicia, o que reforzará a súa competitividade e capacidade de atracción.
- Aumentar a fidelización da clientela, favorecendo que as persoas usuarias que accedan ao mercado a través das campañas de promoción e dos bonos desconto se convertan en consumidoras habituais, impulsando o consumo continuado de produtos pesqueiros e marisqueiros locais.
- Fortalecer a cadea curta de comercialización, mellorando a competitividade das persoas praceiras fronte á gran distribución e incrementando a visibilidade, o valor engadido e a comercialización dos produtos da pesca e do marisqueo de proximidade.
- Reforzar a valorización e difusión do patrimonio marítimo-pesqueiro, dignificando e facendo visible o papel das redeiras, mariscadoras, praceiras e mariñeiros como protagonistas da cultura mariñeira de Viveiro, incorporando os seus testemuños e experiencias á interpretación do patrimonio cultural inmaterial.
- Consolidar a conexión entre o Porto de Celeiro e o Mercado de Abastos de Viveiro, creando un vínculo físico, comercial e divulgativo que converta o mercado nun escaparate permanente da identidade mariñeira do municipio e nun espazo de promoción dos produtos do mar, da cultura pesqueira e da economía local.
Co obxectivo de acadar a revitalización do Mercado de Abastos de Viveiro como espazo de referencia para a comercialización dos produtos da pesca e do marisqueo, desenvolveranse unha serie de actuacións que combinan investimentos de mellora das instalacións con accións de promoción, educación e difusión do patrimonio marítimo-pesqueiro.
A actuación principal consistirá na execución do proxecto de remodelación do Mercado de Abastos de Viveiro. A intervención permitirá reorganizar os espazos interiores do edificio, mellorar a súa funcionalidade, eficiencia e accesibilidade e potenciar especialmente a área dedicada á comercialización de peixe e marisco, reforzando o papel do mercado como centro de dinamización económica, social e cultural de Viveiro.
Co fin de impulsar o consumo de produtos pesqueiros locais, desenvolverase a campaña "Bono Peixe Viveiro", baseada na emisión de bonos desconto aplicables á compra de produtos do mar certificados e de proximidade comercializados no Mercado de Abastos. Esta iniciativa favorecerá o consumo local, fortalecerá as canles curtas de comercialización e incrementará a competitividade das persoas praceiras.
Como complemento, organizaranse os showcookings "Receitas de Familia", nos que se elaborarán receitas tradicionais recompiladas entre as familias dos centros educativos de Viveiro, contribuíndo á conservación do patrimonio gastronómico inmaterial. Durante estas sesións divulgaranse aspectos relacionados coa identificación e trazabilidade dos produtos pesqueiros, explicando os selos de calidade, a procedencia das capturas, as artes de pesca utilizadas e os beneficios do consumo de peixe fresco de proximidade. As demostracións incorporarán tamén elementos representativos da actividade pesqueira, como aparellos de pesca, e destacarán o labor das redeiras e doutros oficios tradicionais vinculados ao mar. Todas as sesións serán gravadas para a elaboración de contidos audiovisuais destinados á súa difusión a través das redes sociais e doutras plataformas dixitais.
No ámbito educativo desenvolverase o certame "Debuxa o teu Mar", dirixido ao alumnado de Educación Primaria do municipio. Os traballos gañadores converteranse en paneis expositivos que formarán parte da imaxe do Mercado de Abastos, fomentando entre a poboación máis nova o coñecemento e a valorización do patrimonio marítimo-pesqueiro.
Dentro da programación cultural levarase a cabo a iniciativa "Catro vellos mariñeiros", unha actividade participativa que converterá o mercado nun espazo de encontro arredor da cultura mariñeira mediante representacións, actuacións musicais, relatos e testemuños protagonizados por mariñeiros, redeiras, mariscadoras e entidades culturais locais. A actividade favorecerá a transmisión interxeracional dos coñecementos tradicionais e reforzará o vínculo da cidadanía co patrimonio inmaterial do mar.
Finalmente, implantarase "O Mercado Didáctico", mediante a instalación de paneis interpretativos equipados con códigos QR que permitirán acceder a contidos audiovisuais protagonizados por profesionais do sector pesqueiro. A través destes recursos, as persoas visitantes poderán coñecer as diferentes especies, as artes de pesca, o proceso de trazabilidade desde o Porto de Celeiro ata os postos do mercado, así como as características nutricionais, gastronómicas e de calidade diferencial dos produtos comercializados.
OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

