Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Definición, deseño e implementación para a promoción do patrimonio mariñeiro do Concello de Cedeira. Cedeira Mariñeira

O proxecto desenvolverase no termo municipal de Cedeira, no seu litoral e emprazamentos singulares ligados a infraestruturas mariñeiras. Consistirá nunha serie de actuacións encamiñadas a valorizar a labor e a memoria pesqueira e marisqueira, representada neste municipio a través de colectivos clave, equipamentos e vestixios. Recolleranse as vivencias dos seus protagonistas, co cometido de idear rutas tematizadas para a promoción do patrimonio mariño material e inmaterial. No deseño das rutas, farase especial fincapé en atributos icónicos da paisaxe, areais e a fisionomía do pobo, coas súas contribucións mariñeiras, buscando complicidades coa veciñanza á hora de rememorar lendas, anécdotas e achegar datos históricos ou do propio peso do sector na configuración da vila e dos seus costumes. Ademais realizarase unha análise das rutas xa existentes, do seu estado, afluencia e perfil de públicos.

Datos xerais
Acrónimo: 
Cedeira Mariñeira
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Concello de Cedeira
Datos de interese: 
http://cedeira.gal/
Perfil empresarial: 
Concello
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o dese
Convocatoria - ano: 
2021
Data de aprobación: 
26/11/2021
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
9
Anualidades: 
2021-2022
Data fin de execución: 
30/09/2022
Ámbito de aplicación: 

Cedeira (A Coruña)
 

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
44.528,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
44.528,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
44.528,00 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
37.848,80€
FEMP (%): 
85
CA (€): 
6.679,20 €
CA (%): 
15
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

Promover a oferta de experiencias e actividades que poñan en valor o medio ambiente e o patrimonio ligado ao mar (patrimonio material, arquitectónico, natural e patrimonio inmaterial), que incrementen a conciencia da necesidade da preservación da contorna natural e patrimonial, así como do recoñecemento dos oficios do mar e da calidade diferencial dos produtos pesqueiros e marisqueiros do territorio de A Mariña – Ortegal.
Poñer en valor o patrimonio natural, arquitectónico e inmaterial o vinculado ao mar, aos oficios e aos produtos pesqueiros e marisqueiros locais de A Mariña - Ortegal.
Consolidar o recoñecemento dos produtos pesqueiros e marisqueiros como sinal de identidade, así como do sector pesqueiro e o seu modelo de extracción sustentable, reforzando a súa a súa calidade diferencial.
Fomentar a oferta de experiencias públicas e privadas (relacionadas co medio ambiente e o patrimonio mariño, así como os oficios do mar e os produtos pesqueiros e marisqueiros), procurando a desestacionalización turística e o incremento dos días de estancia media

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Dotar ao territorio de experiencias que poñan en valor o medio ambiente, o patrimonio ligado ao mar, os seus oficios, así como a calidade dos produtos pesqueiros. - Incremento do coñecemento da poboación local das singularidades do territorio (coñecemento do medio natural, costeiro e pesqueiro) dun modo sostible e respectuoso coa contorna, coa posibilidade de alentar o asentamento da poboación e o emprendemento do sector do mar e en actividades complementarias no sector servizos.
Fortalecemento da cadea de valor do sector turístico do territorio (aloxamento, restauración e outros), procurando a desestacionalización e o incremento dos días de estancia media dos turistas, que se pretende diversificar con públicos máis profesionalizados (deportistas, académicos), interesados nos contidos específicos das experiencias turísticas.

Principais actividades do proxecto: 

O proxecto consistirá nunha serie de actuacións encamiñadas a valorizar o labor e a memoria pesqueira e marisqueira, representada no municipio de Cedeira a través de colectivos clave, equipamentos e vestixios. Con este fin, levaranse a cabo as seguintes actividades:
ACTIVIDADE 1. DEFINICIÓN DO PROXECTO. ANÁLISE ESTRATÉXICA DE PRODUTO E DE PÚBLICO OBXECTIVO, responde á necesidade de crear un relato atractivo, nun formato áxil e en liña, que será acompañado da edición de material físico, unha vez deseñadas as rutas. É preciso coñecer a oferta existente e o perfil de públicos, co ánimo de diversificar e desestacionalizar a actividade económica turística, da man da valorización dos colectivos do mar, que son identitarios da localidade.
ACTIVIDADE 2. IDENTIFICACIÓN DE RUTAS E TRACKEADO. SENDEIRISMO E BTT, responde á necesidade de analizar in situ o territorio, localizando as eivas dos potenciais itinerarios e os puntos de interese claves para o deseño dunhas rutas transitables a pé e en bicicleta que incorporen a diferenciación dunha visita experiencial, ligada á riqueza dos oficios e do patrimonio litoral.
ACTIVIDADE 3. ELABORACIÓN DE CONTIDOS, GRAVACIÓNS E CÓDIGOS QR, responde á necesidade de chegar a diversos públicos, mediante a tradución a tres idiomas, amosando as experiencias sonoras e visuais mediante o sistema de escaneado de código QR, dos oficios e protagonistas do sector.
ACTIVIDADE 4. DESEÑO GRÁFICO E ADAPTACIÓN WEB E REDES SOCIAIS, responde á necesidade de sumar nun imagotipo os valores que recolle o proxecto, valores consensuados durante o labor de gabinete e traballo de campo (análise estratéxica e entrevistas). Ademais, as publicacións de contido e avances do proxecto mediante as redes sociais causarán un efecto multiplicador do seu impacto, chegando a diferentes tipos de público en función das canles ou redes utilizadas.
ACTIVIDADE 5. IMPLEMENTACIÓN NA WEB MUNICIPAL E ACCIÓNS DE PROMOCIÓN NO TERRITORIO, responde á necesidade de visualizar todos os produtos recompilados nas accións anteriores (textos, audios, imaxes), dunha forma ordenada, contando coas rutas dispoñibles mediante consulta para as persoas usuarias. Esta acción inclúe tamén a edición e impresión de material divulgativo, para chegar a outro tipo de públicos que non é consumidor de redes sociais e medios tecnolóxicos, combinando as actuación en liña con accións de promoción máis clásicas.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases  da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

Obxectivo específico da EDLP: 

1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)