Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

FOR-MAR: DOTACIÓN DE CAPACITACIÓN PARA OS PROFESIONAIS DO SECTOR MARÍTIMO PESQUEIRO

O proxecto consiste na ampliación dunha liña de negocio baseada na impartición de accións formativas para profesionais do sector marítimo-pesqueiro, o que require a adecuación das instalacións para mellorar o confort e a eficiencia enerxética das aulas mediante sistemas de bombas de calor.
A oferta formativa céntrase en tres ámbitos clave: dixitalización e TIC aplicadas ao sector marítimo, manexo de carretillas elevadoras para mellorar a seguridade e a eficiencia na loxística portuaria, e formación en primeiros auxilios con equipamento especializado para reforzar a cultura preventiva e a resposta ante emerxencias.
En conxunto, o proxecto busca modernizar a formación, mellorar a cualificación profesional e reforzar a seguridade e sustentabilidade no sector marítimo-pesqueiro

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00147
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Academia A Mariña, SL
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
8
Anualidades: 
2026
Data fin de execución: 
31/10/2026
Ámbito de aplicación: 

Burela (Lugo)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
40.204,95 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
40.204,95 €
Total axuda pública aprobada (€): 
20.102,48 €
% Subvención: 
50,0
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
14.071,74 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
6.030,74 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
1
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Dotar de novas competencias aos profesionais do sector pesqueiro, mediante accións formativas especializadas que permitan mellorar a súa capacitación técnica e profesional, adaptándose ás necesidades actuais da actividade marítimo-pesqueira.
  • Mellorar a competitividade do sector, favorecendo a incorporación de novos coñecementos, tecnoloxías e boas prácticas que contribúan a incrementar a eficiencia, a calidade dos servizos e a capacidade de adaptación aos cambios do mercado.
  • Favorecer o relevo xeracional, facendo máis atractiva e segura a actividade marítimo-pesqueira a través da formación, da profesionalización e da mellora das condicións para a incorporación de novas persoas ao sector.
  • Reforzar a seguridade nas actividades marítimo-pesqueiras, promovendo a adquisición de coñecementos e habilidades que contribúan á prevención de riscos laborais, á navegación segura e á protección das persoas traballadoras.
  • Consolidar a entidade como referente na formación especializada do sector pesqueiro, ampliando a oferta formativa e proporcionando programas de alta calidade adaptados ás necesidades dos profesionais e das empresas vinculadas ao mar.
  • Incrementar a rendibilidade da empresa, diversificando e fortalecendo a súa actividade mediante a prestación de servizos formativos especializados que dean resposta ás demandas do sector pesqueiro e contribúan á súa sustentabilidade económica.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 
  • Mellorar as condicións de aprendizaxe, dotando o centro de formación de equipamentos máis eficientes e modernos que favorezan un contorno formativo de maior calidade, confort e eficiencia enerxética.
  • Reforzar a formación práctica do alumnado, incorporando equipamentos e recursos específicos que complementen os contidos teóricos, incluíndo unha boneca de reanimación cardiopulmonar (RCP) que permita realizar prácticas adaptadas e fomente a igualdade na formación.
  • Incrementar a empregabilidade dos profesionais do sector marítimo-pesqueiro, proporcionando unha formación actualizada que facilite a adaptación aos novos procesos produtivos, ás innovacións tecnolóxicas e ás esixencias do mercado laboral.
  • Dotar o centro de maquinaria e equipamentos para a realización de prácticas, fortalecendo a aprendizaxe práctica do alumnado e garantindo unha formación máis completa, realista e adaptada ás necesidades actuais do sector marítimo-pesqueiro.
Principais actividades do proxecto: 

Actividade 1. Adecuación das instalacións formativas.
Procederase á adecuación das aulas destinadas á impartición de accións formativas para o sector marítimo-pesqueiro mediante a instalación dun sistema de climatización eficiente, co obxectivo de mellorar as condicións de confort, optimizar a eficiencia enerxética das instalacións e crear un espazo de aprendizaxe adaptado ás necesidades do alumnado.

Actividade 2. Dotación de equipamento para formación en primeiros auxilios e seguridade marítimo-pesqueira.
Adquirirase o equipamento necesario para o desenvolvemento das accións formativas en primeiros auxilios e seguridade, incluíndo unha boneca de reanimación cardiopulmonar (RCP), un desfibrilador de adestramento e un chaleco para a práctica da manobra de Heimlich. A incorporación dunha boneca RCP contribuirá, ademais, a integrar a perspectiva de xénero na formación e a promover unha capacitación máis inclusiva.

Actividade 3. Dotación de equipamento informático para formación en dixitalización.
Co fin de reforzar a capacitación do alumnado en competencias dixitais e novas tecnoloxías, adquirirase equipamento informático composto por cinco ordenadores portátiles e un ordenador de sobremesa de altas prestacións. Estes recursos permitirán impartir formación en tecnoloxías da información, dixitalización e uso de ferramentas informáticas aplicadas ao sector marítimo-pesqueiro.

Actividade 4. Dotación de maquinaria para formación práctica.
Adquirirase un apilador eléctrico autopropulsado destinado á realización das prácticas da formación en manexo de carretillas e equipos de elevación. Este equipamento permitirá desenvolver unha formación práctica en condicións similares ás do ámbito laboral, mellorando a preparación do alumnado e reforzando a súa cualificación profesional para o desempeño de actividades no sector marítimo-pesqueiro.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXECTIVO ESTRATÉXICO 1. Aumento do valor, creación de emprego, valorización e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministro dos produtos da pesca e a acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 1.1. Desenvolver un produto pesqueiro de valor a través de melloras produtivas e organizativas no sector e nas actividades mariñeiras.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)