
Implantación dun novo Hostal con Encanto Mariñeiro en Cedeira, próximo a Praia da Magdalena e con vistas á Ría de Cedeira. Conta con seis plantas posúe todos os servicios urbanísticos, pero necesita obras de acondicionamento exterior e interior e dotación do equipamento necesario.
O carácter innovador radica na imaxe diferencial, integra aloxamento de calidade e a posta en valor dos recursos naturais e patrimoniais do territorio e a súa cultura mariñeira. Establecerase un convenio de colaboración coa Confraría de Pescadores de Cedeira para dar a coñecer a RMIP Ría de Cedeira e contactos con empresas de turismo activo da zona para ofrecer rutas en kaiak, paseos en barco, etc.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Ampliar a estrutura hostaleira de Cedeira ofrecendo aloxamento de calidade que poña en valor a tradición e cultura marinera.
Ofrecer un ambiente relaxado, dar a coñecer a tradición mariñeira do municipio e concienciar sobre a necesidade de respectar o entorno e os recursos naturais da zona.
Facilitar aos clientes acceso a actividades turísticas complementarias mediante acordos de colaboración con outras entidades.
Fidelización da clientela para escoller Cedeira como destino vacacional e que o recomenden aos coñecidos para lograr unha maior afluencia.
Xeración de novos postos de traballo (2 ETCs)
Creación dun negocio familiar con 50% do capital pertencente a menores de 40 anos.
Contribuír a diversificación de actividades no municipio a través do aumento da demanda de servicios complementarios.
Obras de acondicionamento exterior
Obras de albanelaría e carpintería interior
Instalacións e dotación do equipamento necesario para desenvolver a actividade
Obxectivo 2: Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Obxectivo 2.3.: Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial, destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

