
O proxecto consiste en realizar a rehabilitación dunha casa antiga con escudo, catalogada en Patrimonio, para construír un Hotel Restaurante, que estará ubicado ao lado do Camiño do Norte no Concello de Ribadeo.
O Hotel contará con 4 habitacións nas que se dará un servizo exclusivo aos clientes, e o Restaurante contará cun comedor e cun salón.
Os promotores, que contan con grande experiencia en hostalería, darán a coñecer pratos representativos da gastronomía galega actualizada, con productos do mar, horta e carnes galegas da zona da Mariña, predominando na carta peixes, mariscos e algas.
Os promotores do proxecto estableceron pre-acordos de colaboración con empresas da zona que ofertan actividades lúdicas, deportivas, náuticas, educativas e de turismo mariñeiro. Así mesmo, contan colaborar coa Escola de Hostalería de Foz para a realización das prácticas dos seus alumnos.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Atraer un turismo de calidade promocionando a zona tamén con excursións e actividades do mar que oferten empresas da zona no hotel.
Dar un servizo de calidade ao turismo e á xente local, cun servizo profesional e cualificado.
Potenciar e dar a coñecer o produto do noso mar a través dá súa cociña.
Creación de emprego.
Contratación de profesionais formados na Escola de Hostalería de Foz, así como colaboración co centro para a realización prácticas do alumnado.
Impulso ao turismo gastronómico da zona.
Subministro de materias primas do mar e a horta da zona da Mariña.
Rehabilitación casa antiga de acordo a principios de Patrimonio.
Acondicionamento para Hotel-Restaurante.
Dotación de todo o equipamento e mobiliario necesario para a posta en funcionamento do novo negocio.
Obxectivo 1: Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
Obxectivo 2.Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
Obxectivo 1.1. Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal.
Obxectivo 2.1. Conseguir un modelo organizativo e innovador de desenvolvemento do sector pesqueiro na Mariña-Ortegal que garanta unha pesca e un aproveitamento sustentable dos recursos mariños.
Obxectivo 2.2. Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio da Mariña-Ortegal
Obxectivo 2.3. Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)