
O proxecto levarase a cabo no almacén que a empresa ten en alugueiro no porto de Celeiro. Consiste, na instalación de dous puntos de pesaxe, adquisición dun computador con impresora e código de barras, que controlará a trazabilidade e reducirá os tempos de informatizando así todo o proceso. Tamén se instalarán uns ferros macizos verdes na parede onde se manipulan os produtos pesqueiros para facilitar a limpeza dos mesmos; e adquisición de 2 traspaletas manuais galvanizadas para transportar os produtos pesqueiros desde a lonxa ata o almacén sen necesidade de usar un gancho e tirar polas caixas tal e como se está facendo na actualidade. Por último, instalarase unha cámara frigorífica no almacén para poder gardar a mercadoría e mantela en condicións óptimas que permitan a comercialización de calidade e frescura.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Conseguir unha empresa máis competitiva e unha maior axilidade no sistema de etiquetaxe e un maior control na trazabilidade dos produtos pesqueiros adaptándose ás esixencias dos comprados.
Garantir a máxima frescura e calidade dos produtos pesqueiros durante máis tempo.
Aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros garantindo a súa calidade e frescura durante máis tempo.
Incrementar o número de especies a comercializar garantindo frescura do produto.
Chegar a novos clientes interesados en produtos de alta calidade.
Incrementar o número de clientes tanto en zonas rurais como urbanos levando produtos pesqueiros ao consumidor final.
Redución emisión CO2 menor contaminación atmosférica.
Instalación de dous puntos de pesada, un computador con impresora e código de barras.
Instalación de ferros macizos verdes na parede onde se manipulan os produtos pesqueiros para facilitar a súa limpeza e evitar que pasen humidades.
Adquisición de dúas traspaletas manuais galvanizadas para transporte desde a lonxa ata o almacén.
Instalación dunha cámara frigorífica dentro do almacén para gardar a mercadoría dun día para outro.
1.-Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción da mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros,; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.- Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal como o eixe central sobre o que se orienta a estratexia.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

