
O promotor do proxecto, mariscador a pé de profesión, pretende mellorar os procesos de loxística dos produtos marisqueiros e mellorar as condicións de traballo coa adquisición dun vehículo tipo furgón cun contenedor isotermo. Dito vehículo vai ter dúas funcións: por un lado mellorar as condicións de transporte dos produtos marisqueiros dende as zoas de extracción ata as lonxas en las que son vendidos, garantindo as condicións óptimas de temperatura dos produtos e por outro lado servirá para levar a cabo roldas de vixilancia dos bancos marisqueiros xunto con outros compañeiros, tal e como teñen estipulado no plan de xestión da Confraría á que pertence.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Mellora das condicións de traballo
- Conseguir unha empresa máis competitiva
- Incremento da calidade e conservación óptima dos recursos marisqueiros
- Mellora da seguridade dos traballadores do sector marisqueiro
- Mellora da calidade dos produtos marisqueiros da zoa.
- Loita contra o furtivismo velando pola seguridade dos mariscadores.
- Mellorar a competitividade de la empresa.
- Potenciar a explotación sostible dos recursos marisqueiros
- Mantemento dun posto de traballo.
Adquisición dun furgón cun contenedor isotermo que se empregará para o traslado dos recursos marisqueiros dende os bancos ata as lonxas de venda e realización de roldas de vixilancia de furtivismo durante os festivos fins de semana.
1.Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1.-Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)

