Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MIRADAS AO MAR: XORNADAS DE DIVULGACIÓN SOBRE SURF, TURISMO E PATRIMONIO COSTEIRO

O proxecto “Miradas ao mar: xornadas de divulgación sobre surf, turismo e patrimonio costeiro” preséntase como unha estratexia plurianual (2026–2028) para dinamizar o territorio de Valdoviño a través da economía azul, o deporte e a cultura mariñeira. A iniciativa combina divulgación científica, sensibilización ambiental e promoción turística co obxectivo de transformar os recursos naturais e culturais en desenvolvemento socioeconómico sostible, xerando oportunidades e reforzando a identidade local.
O proxecto tamén aborda o reto demográfico, promovendo novos modelos de negocio ligados ao turismo de natureza e ao patrimonio cultural para impulsar o emprendemento e fixar poboación no rural. Ademais, incorpora unha dimensión inclusiva, apostando polo turismo accesible e o surf adaptado.
O proxecto estrutúrase en tres anualidades:
2026: o surf como motor de desenvolvemento, cunha xornada sobre economía azul e sustentabilidade, complementada cunha exposición que permitirá visualizar a evolución histórica do surf.
2027: patrimonio cultural e identidade, cunha xornada que busca integrar a riqueza natural do litoral, o seu legado cultural e o patrimonio local que o acompaña..
2028: natureza e sustentabilidade, cunha xornada centrada no turismo de natureza, inclusivo e accesible como vía de emprego e fixación de poboación.
En conxunto, o proxecto busca consolidar Valdoviño como referente en turismo costeiro sostible, integrando coñecemento, cultura e desenvolvemento local.

Datos xerais
Acrónimo: 
PE155A-2026-00048
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
-
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
-
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 12 de Decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2026
Convocatoria - ano: 
2026
Data de aprobación: 
13/07/2026
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
32
Anualidades: 
2026, 2027 e 2028
Data fin de execución: 
31/10/2028
Ámbito de aplicación: 

Valdoviño (A Coruña)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
48.521,00
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
48.521,00
Total axuda pública aprobada (€): 
48.521,00
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
33.964,70 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
14.556,30 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 
  • Poñer en valor o patrimonio natural, material e inmaterial vinculado ao litoral mediante o desenvolvemento dun modelo de turismo sostible baseado na identidade costeira do territorio.
  • Promover o surf, o turismo de natureza e o turismo activo como ferramentas de desenvolvemento territorial, contribuíndo á dinamización socioeconómica, ao asentamento de poboación e á loita contra o despoboamento no medio rural costeiro.
  • Integrar e divulgar o patrimonio material, representado pola colección de pranchas de surf e outros elementos asociados, co patrimonio inmaterial ligado ás tradicións mariñeiras, favorecendo a creación de produtos turísticos singulares e de calidade.
  • Impulsar un modelo de turismo inclusivo mediante a promoción do surf adaptado e do turismo accesible, favorecendo a igualdade de oportunidades e a eliminación de barreiras para as persoas con diversidade funcional.
  • Mellorar a competitividade e a profesionalización do tecido empresarial local mediante a transferencia de coñecemento, o intercambio de boas prácticas e a participación de profesionais e expertos de recoñecido prestixio nos ámbitos do turismo, o surf e o patrimonio.
  • Preservar, divulgar e poñer en valor a historia e a cultura do surf a través da colección de Enrique Artero, consolidando o municipio de Valdoviño como un destino de referencia para o turismo de surf e reforzando a súa identidade como enclave histórico desta disciplina en Galicia.
Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

Coa execución do proxecto agárdase acadar os seguintes resultados:

  • Organización e celebración de tres xornadas técnicas de referencia, dedicadas ao surf (2026), ao patrimonio cultural (2027) e ao turismo de natureza (2028), fomentando o intercambio de coñecemento, a participación equilibrada de mulleres e homes como relatores e a reflexión sobre a economía azul, a sustentabilidade e o reto demográfico nas zonas costeiras.
  • Posta en marcha dunha exposición temporal coa colección de pranchas de surf de Enrique Artero, converténdose nun recurso cultural e turístico de gran valor para o territorio e contribuíndo á conservación e divulgación da historia do surf en Galicia.
  • Incremento da sensibilización ambiental e cultural entre a cidadanía e as persoas participantes, promovendo o coñecemento do patrimonio natural e mariño, a importancia da súa conservación e o papel do turismo sostible como motor de desenvolvemento local.
  • Mellora da capacitación e competitividade do tecido empresarial turístico local, mediante a transferencia de coñecementos, boas prácticas e experiencias innovadoras relacionadas co surf, o turismo de natureza, a accesibilidade e a sustentabilidade.
  • Reforzo do posicionamento de Valdoviño como destino turístico sostible, inclusivo e vinculado ao surf, mediante a creación dunha identidade gráfica común, materiais de promoción e accións de comunicación que incrementen a visibilidade do municipio e do territorio GALP.
  • Posta en valor do patrimonio natural, cultural e mariñeiro como recurso turístico diferenciador, favorecendo a creación de sinerxías entre o sector turístico, o sector pesqueiro e a comunidade local.
  • Impulso ao turismo accesible e inclusivo, promovendo o surf adaptado e a eliminación de barreiras para que todas as persoas poidan gozar dos recursos naturais e das actividades vinculadas ao litoral en igualdade de condicións.
  • Consolidación de Valdoviño como destino de referencia no ámbito do surf e do turismo de natureza, contribuíndo á diversificación da economía azul, á desestacionalización da oferta turística e ao desenvolvemento sostible do territorio.
 
Principais actividades do proxecto: 

O proxecto estrutúrase en catro actuacións principais, orientadas á posta en valor do patrimonio natural, cultural e mariñeiro do territorio, á promoción do turismo sostible e á dinamización da economía azul.

1. Xornada de Surf, Economía Azul e Sustentabilidade (2026)

Organizarase unha xornada técnica aberta á cidadanía, con especial interese para o tecido empresarial vinculado ao surf e ao turismo activo. Participarán dez relatores e relatoras de recoñecido prestixio, garantindo unha representación equilibrada de mulleres e homes. Durante a xornada abordaranse cuestións como o surf adaptado, do que Valdoviño é un referente ao acoller a única proba nacional desta modalidade, e o potencial do surf como ferramenta para facer fronte ao reto demográfico e impulsar o desenvolvemento das zonas costeiras. A actuación inclúe a organización integral do evento, a creación da imaxe gráfica, a produción de materiais divulgativos e de sinalización, a adaptación do espazo, os medios técnicos necesarios e a coordinación dos relatores, incluíndo honorarios, desprazamentos, aloxamento e secretaría técnica.

2. Exposición da colección de pranchas de Enrique Artero (2026)

Levarase a cabo a organización e apertura ao público dunha exposición temporal da colección de pranchas de surf de Enrique Artero, considerada unha das máis importantes do país. A actividade incluirá o traslado e montaxe da colección, a organización da exposición e a realización de visitas guiadas, contribuíndo á conservación e divulgación da historia do surf e reforzando a identidade de Valdoviño como destino de referencia neste ámbito.

3. Xornada "Cultura e Mar: claves para un turismo cultural sostible" (2027)

Celebrarase unha xornada técnica destinada á posta en valor do patrimonio cultural vinculado ao mar e ao litoral, dirixida ao público xeral e especialmente a profesionais do sector turístico, guías de natureza e axentes de desenvolvemento local. Participarán dez expertos e expertas de recoñecido prestixio nos ámbitos do patrimonio, o turismo e a xestión cultural. Entre os contidos previstos incluiranse relatorios sobre accesibilidade do patrimonio cultural para persoas con discapacidade, o Xeoparque Cabo Ortegal como recurso para o turismo cultural e novas estratexias de valorización do patrimonio mariñeiro. A actividade incluirá tamén a creación da identidade gráfica do evento, a organización integral da xornada e unha visita interpretativa ao Océano Surf Museo, relacionando a historia do surf coa evolución da paisaxe costeira e coa conservación dos ecosistemas litorais.

4. Xornada de Turismo de Natureza vinculado ao Medio Mariño (2028)

Co obxectivo de promover un modelo de turismo sostible baseado nos recursos naturais do litoral, organizarase unha xornada aberta ao público, especialmente orientada a profesionais do turismo e da xestión ambiental. Contará coa participación de dez relatores e relatoras especialistas en turismo de natureza, conservación ambiental e desenvolvemento territorial. Os relatorios abordarán cuestións como a accesibilidade do patrimonio natural, o turismo de natureza como oportunidade fronte ao reto demográfico e a valorización do patrimonio xeolóxico do litoral. A actuación completarase coa creación da imaxe gráfica do evento, a adaptación do espazo e a realización dunha saída interpretativa para divulgar os valores naturais da costa e fomentar a conservación dos ecosistemas mariños e litorais.

En conxunto, estas actuacións contribuirán á promoción dun turismo sostible, accesible e de calidade, á posta en valor do patrimonio natural e cultural do litoral, ao fortalecemento da economía azul e á consolidación de Valdoviño como un destino de referencia vinculado ao surf, ao patrimonio mariñeiro e ao turismo de natureza.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

Obxectivo Estratéxico 2 . Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXECTIVO ESPECÍFICO 2.1. Incrementar a relación do sector pesqueiro e do produto pesqueiro en actividades de diversificación da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)