
O promotor do proxecto, dedicado á pesca costeira artesanal xunto coa súa muller, na embarcación "Arenaza", pretende mellorar a competitividade da súa empresa e reforzar a posición social do sector pesqueiro no territorio, así como mellorar as condicións de traballo; para iso, ten previsto adquirir un vehículo tipo furgoneta con caixón isotermo extraíble, que terá dúas funcións: transporte dos pertrechos necesarios para levar a cabo a actividade e transporte dos recursos pesqueiros e marisqueiros capturados en condicións óptimas, ata as distintas lonxas do territorio.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Dotarse de medios de transporte para a correcta conservación da materia prima no seu traslado e así aumentar a competitividade da empresa, garantindo a calidade dos produtos pesqueiros e marisqueiros.
Conseguir unha empresa mais competitiva, que poda manterse no tempo, o que implicará o mantemento de postos de traballo.
Contribuír ao mantemento da pesca costeira artesanal no territorio e facela mais atractiva para atraer á xente nova.
Garantir a comercialización de produtos do mar en estado de conservación óptimo.
Contribuír á xestión eficaz e sostible dos recursos marisqueiros da zona.
Posta en valor dos produtos pesqueiros locais
Mantemento de dous postos de traballo.
Adquisición dun vehículo de transporte con caixón isotermo movible para facilitar o transporte de pertrechos de pesca e dos produtos pesqueiros dende o almacén a embarcación e viceversa, así como ata a lonxa.
1. Mellora da competitividade do sector pesqueiro, creación de emprego e atracción de mocidade, en especial a través do aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, da integración vertical, da innovación en todas as fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros; e garantir unha actividade sostible promovendo o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.
1.1 Consolidar o posicionamento do produto pesqueiro da Mariña-Ortegal.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)