Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

MIRANDA. MIRADA AO MAR

O proxecto busca mellorar a visibilidade das mulleres profesionais do mar, do sector pesqueiro e as profesións para o desenvolvemento local do territorio, asegurando a súa continuidade a través dunha análise da situación presente e a transmisión cara ao futuro, dado que a situación da pesca e o marisqueo impacta directamente a carga de traballo das redeiras. Desenvolverán distintas actividades nas que as redeiras, mariscadoras e as mulleres da conserva terán un papel protagonista, achegando á veciñanza e ao resto do sector pesqueiro as problemáticas que enfrontan e posibles solucións a poñer en práctica a través dun discurso conxunto sobre a evolución e a importancia do sector pesqueiro na vila, as problemáticas e retos que enfronta no presente, así como algunhas solucións que sustenten a actividade pesqueira no futuro próximo. En resumo, o proxecto abordará unha dimensión territorial de análise no conxunto da Mariña e Ortegal, e focalizará, tendo como base o desenvolvemento profesional das redeiras, o impacto que xera a nivel local na vila de Cariño.

Datos xerais
Acrónimo: 
-
Tipo de proxecto: 
Produtivo
Non produtivo
Tipo de proxecto: 
Individual
Conxunto
Cooperación
Datos do promotor
Nome e apelidos / Razón social: 
Asociación profesional de Redeiras de Cariño
Datos de interese: 
-
Perfil empresarial: 
Asociación
Datos do proxecto
Referencia normativa: 
Orde do 28 de Decembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro da EDLP do GALP, na convocatoria 2024
Convocatoria - ano: 
2024
Data de aprobación: 
08/07/2024
Prazo de execución
Prazo total (meses): 
20
Anualidades: 
2024 e 2025
Data fin de execución: 
31/10/2025
Ámbito de aplicación: 

Cariño (A Coruña)

Información económica inicial do proxecto
Coste total do proxecto (subvencionable + non subvencionable): 
19.118,00 €
Coste subvencionable do proyecto (inversión pública + inversión privada): 
19.118,00 €
Total axuda pública aprobada (€): 
19.118,00 €
% Subvención: 
100
Reparto de axuda pública aprobada
FEMP (€): 
13.382,60 €
FEMP (%): 
70
CA (€): 
5.735,40 €
CA (%): 
30
Indicadores
Sexo promotor: 
Muller
Home
Idade promotor: 
< 40 anos
> 40 anos
Negocio de nova creación: 

Non
Diversificación da actividade pesqueira: 
Si
Non
Emprego creado (ETC): 
Si
Non
Nº emprego creado (ETC): 
-
Emprego mantido (ETC): 
Si
Non
Nº emprego mantido (ETC): 
-
Actividades de formación: número de mulleres que participaron: 
-
Estratexia de desenvolvemento local participativa, obxectivos e prioridades dos proxectos
Principais obxectivos do proxecto: 

- Reforzar o papel da comunidade pesqueira no desenvolvemento local e fortalecer a gobernanza sobre os recursos e as actividades marítimas locais.
- Analizar o impacto e repercusión das actividades pesqueiras no desenvolvemento socio-económico da Mariña Ortegal. Ver a evolución histórica, situación actual e as potencialidades destas actividades, tendo como referencia e aprendizaxe á propia vila de Cariño. Esta análise centraríase nas actividades da pesca, do marisqueo, das redeiras e da conserva.
- Divulgar e poñer en valor as ocupacións do sector pesqueiro, desenvoltas tradicionalmente por mulleres: redeiras, mariscadoras, traballadoras das conserveiras,... Reforzar o coñecemento a nivel local, entre a poboación máis moza, destas profesións e o seu impacto no entramado socio-económico local.
- Promover a explotación sostible dos recursos pesqueiros e sensibilizar ao sector e á cidadanía sobre a necesidade de coidar a zona costeira e preservar a biodiversidade mariña.

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto: 

- Informe diagnose territorial do sector na zona da Mariña Ortegal.
- Impacto de actividade en centro escolar da Vila.
- Mellora de coñecementos sobe as profesións do mar entre o alumnado da vila e a cidadanía.

Principais actividades do proxecto: 

ACTIVIDADE 1. Diagnose sobre a evolución da pesca e o marisqueo na Mariña Ortegal: análise comparada no territorio.
Comprenderá unha análise de información de carácter primario e secundario, a través de: 1.Estudo de datos secundarios procedentes de diferentes fontes públicas. 2. Realización de grupos de traballo de análise e proposta (GAP). A análise realizaríase na zona costeira da Mariña e Ortegal, co obxectivo de que non revirta unha reflexión de carácter localista, senón unha visión máis ampla e integradora do sector. Esta actividade servirá para analizar a problemática da perda de capacidade produtiva e comercializadora de determinadas confrarías/lonxas da zona, entre elas a de Cariño, problemáticas sociais ligadas ao sector ou outros factores.
As temáticas que se abordarán centraranse sobre todo en analizar as causas que impactan no mantemento e a produtividade dos recursos pesqueiros, a súa preservación e biodiversidade e como afecta isto á actividade pesqueira. Ver tamén o impacto na cadea vertical da pesca, ou o que implica na actividade das redeiras. Os resultados destes traballos sistematizaranse a través da elaboración dun Informe de Síntese.

ACTIVIDADE 2. Programa de divulgación do oficio tradicional das redeiras
Este programa ten como obxectivo dar a coñecer a profesión das redeiras entre o alumnado de centros educativos de Cariño, ao obxecto de ver cal é o impacto que xera esta actividade a nivel local e espertar o potencial interese laboral por esa ocupación. É un programa orientado a espertar interese na comunidade por esta actividade de carácter artesanal, que se desenvolve no porto de Cariño. Comprenderá os traballos de: 1.Preparación das aulas, contidos, recursos e relato. 2. Desenvolvemento de dúas xornadas de divulgación dirixidas preferentemente ao alumnado de 4º ou 5º de secundaria ou bacharelato. 3. Visita á nave de redeiras para coñecer a profesión e o ambiente de traballo.

ACTIVIDADE 3. Xornada final das “Mulleres do mar de Cariño”.
Esta xornada xuntará ao colectivo de mariscadoras, redeiras e traballadoras da conserva da vila, co obxectivo de poñer en valor o legado destas profesións e o que supoñen no entramado pesqueiro da vila. As mulleres do mar de Cariño transmitirán á veciñanza o pasado, presente e futuro do sector pesqueiro no territorio, poñendo en valor a figura das mulleres como garantes da sustentabilidade dos recursos pesqueiros e do desenvolvemento local. A xornada estruturaríase en tres espazos:
1. Espazo de presentación de resultados da diagnose sobre a evolución da pesca e o marisqueo na zona da Mariña e Ortegal.
2. Parladoiro das vidas mariñeiras. Procuraríase un panel de persoas profesionais do sector que abordarían cuestións relacionadas co desenvolvemento laboral das súas ocupacións.
3. Espazo de degustación de produto pesqueiro. Por último, realizaríase unha degustación de produto do mar, con produto procedente de lonxas locais

ACTIVIDADE 4. Plan de comunicación
Consistirá no deseño dunha identidade do proxecto e tamén da produción de novas para medios e redes, optimizando os recursos existentes e non creando web, nin redes con custo.

ACTIVIDADE 5. Plan de dinamización
Comprende a estratexia de coordinación técnica do proxecto e de dinamización de espazos e eventos para favorecer a participación de públicos, en todas as actividades do proxecto. Documentar información proxecto.

Obxectivos da EDLP do GALP á que responde
Obxectivo estratéxico da EDLP: 

OBXETIVO ESTRATÉXICO 5. Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos e actividades marítimas locais.

Obxectivo específico da EDLP: 

OBXETIVO ESPECÍFICO 5.1. Incrementar a participación e o coñecemento do interés do sector pesqueiro no conxunto dos ámbitos e sectores da zona costeira.

Principios horizontais
Desenvolvemento sostible: Medioambiente e cambio climático: 
Si
Non
Promoción da igualdade e non discriminación
Igualdade de xénero: 
Si
Non
Discriminación: 
Si
Non
Favorecer a inclusión social: 
Si
Non
Contribución aos retos dos GALP cara o 2020: 
Si
Non
Contribución: 
Política pesqueira común
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)