
A empresa promotora, dedicada a actividades de ocio e de turismo activo, dispón dun centro deportivo de aproximadamente 1.500 m2 situado a 400 m de la praia de Areoura, no municipio de Burela . Con este proxecto pretende incrementar as súas liñas de negocio, ofrecendo os seguintes servizos:
- Bicitur.- aluguer de bicicletas eléctricas con audioguías para a realización de rutas mariñeiras, tanto a espazos naturais da costa como a enclaves pesqueiros. Na información das audioguías, ademais de por en valor o patrimonio material e inmaterial do territorio, incluirase información adicional de carácter educativo a nivel medioambiental para promover o coñecemento, respecto e conservación da zona.
- Activity-Arroás.- tratase dunha aula mariñeira-ludoteca, que conta cun amplo espazo que se adaptará para levar a cabo as actividades educativas, lúdico-deportivas e divulgativas, a través das cales se pretende dar a coñecer o mundo mariño no seu más amplo sentido; está dirixida ao público infantil en xeneral.
- Simulador de surf mecánico.- será utilizado por escolas ou asociacións de surf, así como por particulares que desexen mellorar a súa técnica. Tamén se utilizará en eventos deportivos, recreativos, campionatos de surf… coa finalidade de tecnificación e perfeccionamento
Tamén se utilizará en eventos deportivos, recreativos, campionatos de surf… coa finalidade de tecnificación e perfeccionamento.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Poñer en valor unha estratexia turística que potencia a cultura e o medio ambiente mariño.
- Promover sinerxías entre distintos ámbitos da poboación, creando vínculos entre empresas con fins turísticos, deportivos e aqueles tradicionalmente vinculados ao mar.
- Promover un maior desenvolvemento turístico diverso e de calidade.
- Poñer en valor o patrimonio medioambiental do territorio
- Mantemento do emprego.
- Posta en valor da cultura mariñeira e das tradicións vinculadas a ela na zona.
- Incrementar as liñas de negocio e darlle máis competitividade á empresa.
- Adquisición do material e equipamento diverso.
- Adaptación do espazo de ludoteca.
- Posta en marcha das tres novas liñas de negocio.
- Promoción e divulgación de ditas actividades.
2. Creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación da economía local das zonas pesqueiras cara novas actividades económicas, entre elas as que ofrece o crecemento azul e os sectores marítimos en senso amplo, favorecendo a formación, a innovación e o fomento do emprego.
2.2. Crear e consolidar unha imaxe de marca do territorio de A Mariña-Ortegal.
2.3. Facer da Mariña-Ortegal un destino turístico diferencial destacando as potencialidades do turismo mariñeiro.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)