Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

ORDE de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP)

Hoxe 17 de agosto saíu publicada no DOG a ORDE de 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo EDPL, aprobadas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, para o desenvolvemento das zonas de pesca 2014-2020.

Unha nova orde de axudas para proxectos naqueles GALP que teñen orzamento dispoñible nos obxectivos estratéxicos do plan financeiro do programa de axudas da EDLP.

A xestión das axudas mantense como ata o de agora, en colaboración cos GALP de cada zona, que actúan como entidades colaboradoras no seu respectivo ámbito territorial, nas condicións e coas obrigas asumidas nos convenios asinados coa Consellería do Mar.

Convócanse estas axudas para o exercicio orzamentario do ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, e  o procedemento que regula a presente orde correspóndese co código #PE155A

Os proxectos que se presenten poderán ser para investivestimentos de carácter produtivo e non produtivo e perseguirán a consecución dalgún dos seguintes obxectivos:

a) Aumento do valor, creación de emprego, atracción da mocidade e promoción da innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos da pesca e da
acuicultura.
b) Apoio á diversificación dentro ou fóra do sector da pesca comercial, á aprendizaxe permanente e á creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
c) Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras e acuícolas, incluídas as operacións de mitigación do cambio climático.
d) Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras e acuícolas, incluído o patrimonio cultural pesqueiro, acuícola e marítimo.
e) Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda será dun mes a contar dende o día seguinte da publicación desta Orde.

Consulta o DOG completo: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210817/AnuncioG0427-040821-0001_gl.pdf?fbclid=IwAR0JmWlY2wTUWKPs0E-D1p_B6a2sSEZqfWe7rz858ydENCz-blPgzBQizCA