O Proxecto "Camino Gastronómico del Mar-2025" é unha iniciativa que fusiona a tracición peregrina do Camiño de Santiago coa riqueza gastronómica da costa galega e sobre todo os produtos do mar.
Organizado pola Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela, en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7), este proyecto pretende promocionar o Camiño do Mar, o consumo de produto pesqueiro local e apoiar ao sector da hostalería do norte de Galicia, involucrando para elo a chefs locais, co obxectivo de dinamizar a economía do territorio.
Entre as virtudes do proxecto destacan:
- Integración do patrimono e a gastronomía: os participantes experimentarán a riqueza cultural e natural da costa do territorio da Mariña-Ortegal, mentras desfrutan da súa exquisita gastronomía mariña.
- Impulso ao turismo sostible: ao promover unha ruta menos coñecida como é o Camiño do Mar, diversifícase a oferta turística e evítase a masificación dos camiños tradicionais ao mesmo tempo que se dessetacionaliza o turismo.
- Fortalecemento da comunidade local: a colaboración entre produtores pesqueiros, hostaleiros e as entidades locais fomenta o desenvolvemento económico e social do territorio.
- Fomento dos hábitos de vida saudables: xa que o percorrido das etapas do Camiño, conxuga a actividade física coa alimentación saudable baseada en produtos do mar Km0.
O "Camino Gstronómico del Mar" ofrece unha experiencia única que cobina a espiritualidade do Camiño de Santiago cos produtos do mar e da pesca, coa riqueza culinaria e cultural da costa galega, beneficiando tanto aos peregrinos coma ás comunidades locais.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
- Promoción do Camiño do Mar: esta ruta xacobea conecta o Camiño Norte en Ribadeo co Camiño Ingles en Neda, ofrecendo aos peregrinos unha travesía pesqueira que une patrimonio cultural e paisaxístico.
- Fomento do consumo de produto pesqueiro de proximidade: a través de degustacións ao remate de cada etapa, búscase incentivar o consumo de produtos pesqueiros locais, destacando a calidade do "Peixe de Burela".
- Apoio ao sector da hostalería do norte de Galicia: a iniciativa potencia a gastronomía rexional, involucrando a chefs locais na preparación de pratos da lonxa de Burela, dinamizándose a economía local.
- Promoción do Camiño do Mar, que discorre por todo o territorio do GALP A Mariña-Ortegal.
- Posta en valor do territorio.
- Fomento de actividades saudables, xa que o Camiño do Mar combina actividade física e alimentación saudable con produtos de pesca local.
- Visibilización e promoción do territorio da Mariña-Ortegal e o seu patrimonio, material e inmateria.
A actividade a desenvolver é a realización dunha web que recolla todo o programa-proxecto que se desenvolve antes, durante e despois do "Camino Gastronómico del Mar-2025", axudando con esto á organización, promoción e divulgación.
O percorrido divídese en sete etapas de entre 10 e 15 Km, abarcando a totalidade dos municipios do territorio Mariña-Ortegal. En cada xornada invítase a participar a 40 persoas, camiñando pola antiga ruta xacobea e dáselles unhas charlas sobre o patrimonio polo territorio que se vai percorrendo, gran parte de ese patrimonio está vinculado ao mundo do mar e da pesca. A acción invita a manter unha boa saúde, facendo exercicio físico e coidando a alimentación con produtos do mar locais. As camiñatas culminan cunha degustación de receitas elaboradas por chefs da Asociación de Cociñeiros de Lugo, empregando produtos frescos procedentes da lonxa de Burela. Antes da realización da degustación impártese unha pequena charla que segundo a temática recae sobre cada un dos axentes colaboradores:
- OPP de Burela: explicación das especies a degustar, formas de captura e incidencia nos portos.
- Asociación de Cociñeiros de Lugo: diferentes formas de preparación dos produtos a degustar.
- Representantes das institucións: información a destacar de cada concello.
- Asociación Amigos de Camino del Mar Peregrinación a Santiago de Compostela: información salientable do Camiño de Santiago.
OBXETIVO ESTRATÉXICO 2. Fomento da economía azul nas zonas pesqueiras e acuícolas mediante o apoio á diversificación dentro e fóra do sector da pesca comercial, a aprendizaxe permanente e a creación de emprego nas zonas pesqueiras e acuícolas.
OBXETIVO ESPECÍFICO 2.1. Incrementar a relación do sector pesqueiro e do produto pesqueiro en actividades de diversificación da zona costeira.
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)


