
Proxecto destinado a promover o emprendemento nos sectores pesqueiro e turístico do Concello de Cedeira, mediante a posta en marcha dun proceso participativo que serva para a definición dos elementos estratéxicos diferenciais de Cedeira que , ao tempo, sexan elementos básicos para a creación dunha marca territorial ligada ao sector do mar e ao turístico, e tamén como estímulo para a promoción do emprendemento innovador e sostible en ambos sectores clave: o mariñeiro e o turístico. O proxecto consta do deseño dunha marca territorial de Cedeira, distintiva dos sectores pesqueiro e turístico, impulsará a gobernanza entre os axentes sociais do sector pesqueiro e turístico, abrindo unha canle de diálogo entre actores sociais e creando sinerxías entre eles de cara á diversificación.
Home
> 40 anos
Non
Non
Non
Non
Promover o emprendemento nos sectores pesqueiro e turístico de Cedeira mediante a posta en marcha dun proceso de participativo que serva para a definición dos elementos estratéxicos diferenciais de Cedeira, que ao tempo, sexan elementos básicos para a creación dunha marca territorial ligada ao sector do mar e ao turístico, e tamén como estímulos para a promoción do emprendemento innovador e sostible en ambos sectores clave: o mariñeiro e o turístico.
- Identificación dos sinais de identidade e atractivos no seo dos sectores clava incorporados na marca territorial.
- Impulso da gobernanza mutiaxente dentro dos sectores da pesca e do turismo no municipio de Cedeira, creando sinerxías entre eles.
- Sostibilidade de proxectos aprobados e complementarios en execución na vila de Cedeira coa mesma estratexia local que PescaArtur (Cedeixura e plan municipal de dinamización comercial e da hostalería).
- Acción 1: Diagnóstico de caracterización do sector pesqueiro e turístico, co ánimo de detectar os atributos para o posterior deseño da marca territorial. Acción 2: Plan de mellora de sectores estratéxicos, no que se presentarán as accións para a mellora da competitividade dos sectores analizados, casos de éxito e proxectos de emprendemento transferibles a Cedeira.
- Acción 3: Creación de imaxe de marca territorial, para dotar de coherencia na comunicación visual e de contidos de todas e cada unha das accións do proxecto.
- Acción 4: Foro de presentación de conclusións e da marca territorial (plan de acción e casos de éxito).
- Acción 5: Comunicación (web, redes sociais e banco de imaxes e audiovisual), para a difusión do proxecto e facilitar a súa transferibilidade fóra de Cedeira.
5.- Reforzo das comunidades do desenvolvemento local e gobernanza, dos recursos pesqueiros e das actividades marítimas locais
5.1.- Poñer en práctica mecanismos de participación na xestión e no desenvolvemento do programa de axudas
Non
Non
Non
Non
Non
Crecemento azul
Cambio climático e transición enerxética a unha economía de baixas emisións de carbono
Creación de emprego e integración social (mulleres, mozos/as e inclusión social)